Un día calquera de outono de 1986, San Roque en persoa, perpetuo vagabundo amistado cun perrillo rabón, chegou á franquía do vello burgo de Compostela. Viña o santo fatigado da vagancia por xeografías exóticas e da inclemencia terca dos camiños. Atopou acollida, mantel e repouso na taberna que din A Bodeguilla, que naquel momento era aínda unha tasca recentemente aberta na veciñanza do barrio santiagués, que ten por nome o do santo peregrino.
Cando máis tarde Roque saíu ao sortilegio da luz das rúas compostelás, sentíase tan confortado e feliz que, ao mesmo tempo que acariñaba ao can compañeiro, desexou longos días de bonanza para tan xentil cantina e fixo aínda galano da súa onomástica para o rótulo do establecemento. Desde entón, este singular emblema da hostalería compostelá, leva por rótulo A Bodeguilla de San Roque.
Ten asento de honra esta taberna entre as pedras nobres de Compostela, nas proximidades, tamén pétreas, do Centro Galego de Arte Contemporánea, do mosteiro de Sta. Clara e a Costa das Rodas, e a súa clientela atopa alí unha xanela que desde o reino da gastronomía permite mirar cara a territorios poboados por soños pracenteiros e fermosos: o emporio da cociña tradicional, o dos ibéricos e o dos queixos, o dos produtos finos de tempada e tamén o dos viños máis competentes e sosegados. Pero con todo, a riqueza maior da Bodeguilla de San Roque constrúese con vimbias de diálogo cordial entre xentes amigas en horas que, ao cabo, han de ser as máis amables do humano existir. Quen pasa por esta taberna garda unha perenne memoria da gran fermosura do país, asentada, máis que nada, sobre a fascinación enorme do padal.
María del Carmen Rey Moreira, a súa responsable de cociña |
Queres reservar mesa na Bodeguilla de San Roque?
Dirección: San Roque, 13 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 564 379
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com