Establecemento de Showcooking aberto ao público na Coruña, no Centro Comercial Makro (Polígono Industrial A Grela). Con 200 m2 de superficie total, están en funcionamento desde maio de 2016.


Coñece a súa cociña saudable, feita con todo o agarimo e a profesionalidade do Súper Chef Pablo Viñas. Esperan sorprenderche coa súa "carta inesperada", onde cada día poderás descubrir novos sabores. En Showcooking, sempre puxeron a énfase na calidade e a saúde; queren coidarche e que repitas. Vai a velos, e engánchache ao movemento Slow Food!


Só usan aceite de oliva virxe extra, e produtos frescos, de proximidade, de produtores locais xa que cren en que un negocio ten que ser responsable, en todos os sentidos. Goza cada día dun menú dun prato san, rico e saudable por 9€ ou do menú completo con dous pratos por 12,50€, sobremesa  incluído.

Pablo Viñas Alonso, o seu propietario e xefe de cociña, naceu en A Coruña donde comezou a relacionarse cos mellores produtos da gastronomía, o que fixo do seu paladar o maestro da súa carreira profesional. Dirixeu e aconselleu hoteis de luxo, complexos, restaurantes e compañías multinacionais de alimentos.  A súa comida foi saboreada nos restaurantes de Manhattan, Os Ánxeles, Miami, Puerto Rico e a República Dominicana onde os clientes puideron degustar os mellores produtos servidos por este chef. 

 Instagram: @pabloshowcooking

María del Carmen García Céspedes de 32 anos, é a segunda cociñeira do Next Door, despois de Pablo Viñas. Acabou traballando na cociña despois de facer un curso por necesidades laborais e cousas do destino que lle encantaba o que facía. Compaxina o seu traballo co coidado de 5 nenos (o maior ten 13 anos e a pequena 6) o que a converte na nosa heroína.


DATOS DE CONTACTO:
Centro Comercial Makro La Coruña, C/Newton nº14
Horario: de luns a sábados de 8:00 a 19:00
Teléfono de atención: 981 192 634