Só renovando profundamente a organización de Slow Food, só facéndoa máis aberta e inclusiva e só experimentando novas formas de inclusión, de implicación e de participación, poderemos enfrontarnos da mellor maneira posible aos desafíos que nos esperan no futuro e ofrecer resistencia a aqueles– pouquísimos– que concentran nas súas mans o poder e a riqueza e que deciden o destino da comida en todo o mundo e tamén o de toda a humanidade. Eles son xigantes, pero nós somos multitude!

No Congreso Internacional de Chengdu  (China,  setembro 2017)  supuxo  unha evolución para  Slow  Food cara a un  movemento global composto por  centos de miles de  persoas de  máis de 160 países.

Os desafíos relacionados  co sistema alimentario, son cada vez  máis  urxentes e  complexos. É necesario identificar  novas formas de asociación,  máis  sinxelas, que permitan  recoller todas esas realidades que interpretan a filosofía « bo,  limpo e  xusto».

As comunidades de  Slow  Food son unha forma de organización aberta, inclusiva, e xeneralizada sobre o territorio pero que tamén comparte os obxectivos internacionais comúns, como a loita contra o desperdicio alimentario, a superación das desigualdades, a protección da biodiversidade, a loita contra o cambio climático, por citar algunhas.


Que é unha comunidade de  Slow  Food?

O termo «comunidade» non é novo na historia de  Slow  Food nin na historia da civilización en xeral. No léxico de Slow Food entrou, forma oficial no 2004, coa primeira edición do Terra Nai e hoxe convértese nun modelo organizativo.


A comunidade nace tras unha Declaración Fundacional. No documento os membros declaran:

  • a adhesión ideolóxica a  Slow  Food e aos principios da declaración de  Chengdu;
  • o compromiso, o obxectivo que a comunidade define para promover a visión común no seu propio territorio, no seu propio contexto;
  • as actividades, as iniciativas e os proxectos que levará a cabo para conseguilo;
  • a contribución que a comunidade decide achegar para apoiar os proxectos estratéxicos da rede internacional (Baluartes de  Slow  Food e Arca do Gusto, Hortos e Campañas);