Cada 26 de marzo celebrouse o "Día Internacional da Espinaca" como homenaxe a este ingrediente tan saboroso, saudable e apreciado. Este vexetal, ademais de en ferro, é rico en ácido fólico e vitamina C, que axudan a diminuír o cansazo e a fatiga.

Dicir espinacas evoca automaticamente a Popeye, o personaxe animado que, sen dúbidas, fíxose a referencia perfecta para que tantas xeracións de nais e pais motivasen aos máis pequenos a comer este vexetal. E é que a forza que do seu consumo derivaba, non foi pura invención de Ec Segar, creador das aventuras, senón unha forma de honrar as calidades nutritivas de superalimento de follas verdes escuras.

Cada 26 de marzo vólvese pretexto para lembrar esas razóns polas que incorporala aos nosos hábitos alimenticios, non deberá ser tanto unha obrigación, senón unha opción rica tanto en sabores como en propiedades.

Por todo isto, algúns dos nosos “Comedores Escolares KM 0” quixeron homenaxear a este súper alimento. Eles foron o CEIP A Paz-Tintureira (Coruxo-Vigo), CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro), CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral), CEIP A Lomba (Vilagarcía), CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía), EI Marisma de Santa Mariña (Redondela), EI de Vite (Compostela), CEIP Os Muíños (Muxía) e o CEIP Carlos Casares (Xinzo). 


Elaboracións do CEIP A Paz-Tintureira: (1) Garavanzos ecolóxicos con acelgas da horta do colexio e espinacas. (2) Tosta de pan IXP pan galego, champiñón eco, ovo eco, crujiente de queixo DOP Queixo Tetilla e espinaca.
Elaboracións do CEIP Xacinto Amigo Lera: (1) Lentellas con cabaza, cabaciño e espinacas. (2) Soufflé florentina: tona galega, ovos de Galiña de Mos, puré de espinaca dentro dunha tartaleta, con queixo da DOP Arzúa-Ulloa.


Elaboración do CEIP Vicente Otero Valcárcel: (1) Crema de espinacas.
Elaboración do CEIP A Lomba: (1) Luras ao wok con espinacas.


Elaboración do CEIP Padre Crespo: (1) Revolto de espinacas con pementos de Oímbra asados e ovos ecolóxicos.
Elaboracións da EI Marisma de Santa Mariña: (1) Pizza de atún con queixo da DOP Queixo Tetilla e masa de espinacas. (2) Fabas de Lourenzá con espinacas e cabaza.


Elaboración da EI Vite: (1) Crema de espinacas.
Elaboracións do CEIP Os Muíños: (1) Batido de froitas de tempada e espinacas. (2) Ensalada de espinacas, almendras e vinagreta de mazá.


Elaboración do CEIP Carlos Casares: (1) Arroz con espinacas.

A Leira de Lola, dentro da nosa rede de produtores asociados, foi o provedor principal desta iniciativa dado que o seu produto estrela é a espinaca a cal, estes comedores anteriormente mencionados, axudaron con esta acción a poñer en valor e a dar saída á súa produción, como ten que ser!!