BoiGorri ven sendo unha mestura de galego e euskera que ven significando "boi vermello". E iso é o que se reflexa na súa cociña: pratos galegos e vascos, dada a procedencia de Alberto Fernández, vasco de nacemento e fillo de galegos emigrados ao País Vasco.
A de Alberto é unha cociña pegada á terra sempre traballando con pequenos produtores e de cercanía (a maioría da provincia de Ourense) obtendo destes as mellores verduras, carnes e peixes á grella. A brasa e o centro da súa cociña.
![]() |
Shitake Trives, parmentier, ovo de granxa "PITAGUDÍN" a 65º e escuma de chícharos |
Na súa carta atoparás a súa filosofía: produtos de tempada e de pequenos produtores e incluso da súa pequena horta. Queixos da zona, castañas, carne de boi, hortalizas ecolóxicas, ata xeados... En Allariz hai case de todo...
Hortalizas de tempada á brasa, con pesto rosso |
Brioche de steak tartar afumado de vaca Frisona eco e kimchee de grelos |
Tarta de queixo cremosa |
A súa adega tamén está chea de viños galegos sobre todo de adegas pequenas porque queren darlle aos máis "pequenos" a importancia que se merecen.
Contacto:
Rúa do Portelo 12
32660 Allariz – Ourense
☏ +34 988 688 604 | ✉ restaurante@boigorri.es
Horario:
Martes a Domingo 13.30h a 16.00h
Martes a Sábado 21.00h a 23.00h
Web: boigorri.com
👉 Carta
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com