A oferta gastronómica do Semáforo céntrase nunha cociña de mercado, de tempada, recuperando antigos pratos da zona, guisos tradicionais e unha exquisita variedade de pratos baseados no produto local: longueirón, lubrigante, berberecho, ameixa, mexillón e un longo etcétera de exquisiteces.




Está situado na Costa da Morte no Cabo Fisterra, lugar de inigualable beleza, á beira do Faro, nun antigo edificio de vixilancia e control marítimo construído en 1870 e restaurado en 1999. O restaurante O Semáforo dispón dun salón comedor con estilo rústico en pedra e estuco.



Poucos empresarios do aloxamento e a restauración poden presumir de ter o seu negocio nunha contorna como o do faro desta localidade galega. Jesús Picallo xestiona, xunto ao seu fillo Jacinto, o hotel O Semáforo, un establecemento con encanto que conta con seis habitacións e que, no seu restaurante e na súa taberna, permite degustar produtos, como xa comentamos, representativos da zona. Ao fronte da súa cociña están, Jacinto Picallo Fernández e Diana Fuente Redonda, dende agora, tamén membros da comunidade "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia", grupo formado polos chefs dos Km 0 da nosa comunidade.

Jacinto Picallo coa distinción Km 0


Contacto:

Carretera do Faro, s/n, C.P. 15155 - Fisterra - A Coruña

☏ +34 981 110 210 | ✉ info@hotelsemaforodefisterra.com

Horario: de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 22:30 h.

Web: hotelsemaforodefisterra.com/restaurante-del-semaforo

 @semaforofisterra

👉 Reservas 👈

👉 Carta 👈