Proporcionar unha alimentación saudable aos máis cativos, coa produción de gandeiros e agricultores locais, na procura do coidado do medio ambiente, son os principais obxectivos nun novo proxecto de Adercou,  no que se levará alimentos Km 0 aos comedores escolares.

Imaxe da presentación do proxecto

Porase en contacto aos directores dos centros escolares con produtores locais da súa área de influencia, incidindo na formación dos cociñeiros e das cociñeiras no uso de alimentos de tempada e proximidade, para proporcionar menús de calidade estimulando á súa vez a economía local.

Este proxecto, en colaboración co Inorde e Slow Food Compostela, cun amplo percorrido neste ámbito, porase en marcha nos centros escolares dos concellos aos que dan cobertura.

Un paso máis na procura de fomentar hábitos saudables nos estudantes que dá continuidade a actividades de anos anteriores, como os hortos escolares que se crearon nos colexios, co coidado dos estudantes  


👉 Ler nova no diario La Región