O pasado xoves 20 de outubro de 2022, fíxose entrega da distinción KM 0 ao CEIP Plurilingüe Palas de Rei en recoñecemento á súa labor en canto ao aprovisionamento do seu comedor. Este centro lucense ten entre os seus provedores produtores e empresas locais como Sen Máis, Arqueixal e Granja Campomayor, entre outros. 



Os seus representantes, foron os que se desprazaron ata alí ese día para ser partícipes do acontecemento e tamén para dirixirse aos nenos e nenas deste colexio que non quixeron perderse nada e aos cales se lles explicou en que consistía esta placa que a partir de agora estaría posta na entrada do comedor e que verían todos os días cando vaian a comer. 


Tampouco quixo faltar o alcalde de Palas de Rei, Don Pablo José Taboada Camoira, que acudiu a esta cita sin pensalo para amosar o seu apoio e satisfacción por esta distinción outorgada como mérito a un traballo que levan a cabo día a día, principalmente, Livia (responsable de comedor) e Julio (director) para proporcionar a mellor alimentación posible aos alumnos e alumnas deste colexio.

Livia Barreiro, responsable de comedor do centro

Julio Arias Couso, director do centro dirixíndose aos cativos e cativas

Tamén hai que recoñecer, obviamente, a labor do seu equipo de cociña, liderado por Mari Carmen Vilela Vázquez, cociñeira, que conta co apoio en todo momento das súas dúas axudantes, Ana e Mary.