Foi no 2005 cando abre, no barrio compostelán de San Lázaro - xustamente alí onde o antigo camiño das peregrinacións xacobeas ingresa no xiro de Santiago para concluír periplo - a  Bodeguilla de San Lázaro. Esta taberna decora pois a paisaxe compostelá que recibe ao peregrino e que regala a este un algo do asombro necesario para que a conclusión dun camiño –mesmo o que ata Santiago conduciuno- non resulte nunca cousa vacua.


No interior desta moderna capela de culto mestúranse xentes variadas e soñadoras: congresistas acollidos no veciño Pazo de Congresos, peregrinos que se recuperan das fatigas nadas nos camiños, estudantes que inician parrandas inéditas, funcionarios evadidos das súas rutinas…

A  Bodeguilla de San Lázaro é o goce dunha cociña tradicional e sinxela que, mesmo así, aparece sempre matizada con finos e sutís toques vangardistas. Polo tanto o cliente é alí agasallado cunha moi ampla e coidada carta de viños.


Dentro da Bodeguilla de San Lázaro existe unha sala de catas, alta cátedra onde resulta fácil alcanzar unha mestura fantasiosa de pracer e de erudición. Nela celébrase o eloxio erudito e a degustación  sacramental, exquisita, de viños, aceites, licores e chocolates.


Mari Carmen Mogo Maza, responsable de cociña

Queres reservar mesa na Bodeguilla de San Lázaro?
Dirección: San Lázaro, 104 - Santiago de Compostela
Teléfono: 981 566 607
Horario: lunes a sábado de 9:00 a 00:30 h.
Domingo de 10:30 a 16:00h.
 Instagram: @labodeguillascq