Nova distinción para o CEIP Joaquina Gallego Jorreto de A Merca (Ourense). Este centro participou nos últimos meses en dúas campañas dirixidas a comedores escolares: a II Edición da "Come Local" levada a cabo pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) en colaboración con Slow Food Compostela, e o proxecto "Comedores Escolares Km 0", unha iniciativa financiada polo GDR 11 Adercou a través do Programa #Leader, que contou para o seu desenvolvemento tamén con Slow Food Compostela e a participación do Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (Inorde).
A súa responsable de cociña é Clara Ruíz González a cal naceu en Muíños (Ourense) no 1970. Empezou a súa andadura na cociña en Barcelona no sector privado. Logo compaxinou o traballo na cociña cursando a titulación de "Técnico de cociña" na escola Fundación Belarmino Fernández de Sober. Despois de pasar por residencias de anciáns, tempo libre e varios colexios, no 2013 tomou posesión da súa praza no CEIP Joaquina Jorreto da Merca.
Neste centro a colaboración do comedor vai, ademais de Clara, da man de Emilio, o director do centro, e Belén, a encargada de comedor.
Todos buscan a mesma finalidade, tratando en primeiro lugar de inculcar a importancia dos valores e repecto á hora de sentarse á mesa e logo buscando sempre a mellor calidade da súa materia prima, traballando con produtos de proximidade, cun trato moi cercano cos seus provedores. Intentan seguir nesta liña e mellorala cada vez máis incorporando na medida do posible produtos certificados en ecolóxico.
Todo isto sen olvidarnos que o seu traballo é ensinar a apreciar os sabores dunha dieta san e equilibrada onde froitas, verduras e legumes teñen unha gran relevancia.
Son 68 comensais, o cal lles dá a posibilidade e o privilexio de coñecer case todos os gustos dos nenos e nenas usuarios de comedor. É moi satisfactorio ver como, por exemplo, unha nena que non lle gustan as cenorias, despois dun tempo de velas no prato, acaba por comelas, e así unha infinidade de cousas.
A forma de traballo do seu equipo é sen pratos precociñados nin alimentos procesados dando unha alimentación saudable e tamén valorando que gocen da súa comida. Un dato: neste centro emprégase única e exclusivamente aceite de oliva virxe extra para cociñar.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com