O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá pertence á Axencia Galega da calidade alimentaria da Xunta. O actual centro comeza a súa actividade docente no ano 1989. Dende os seus comezos contou con residencia e comedor escolar.

O centro está orientado á formación agroforestal, impartindo o ciclo medio de Aproveitamento e conservación do medio natural e o ciclo superior de Xestión forestal e do medio natural, nos que se forman arredor de 70 alumnos. Ademais impártense cada ano  uns 30 cursos de especialización monográficos sobre o uso de maquinaria agroforestal, apicultura, seguridade ou aproveitamentos do monte nos que se forman arredor de 300 persoas coa intención de modernizar e mellorar os coñecementos da poboación do medio rural.

O responsables de comedor tentaron sempre utilizar produtos ecolóxicos e de produtores locais que son de gran calidade. Ademais, o centro ten unha explotación de gando vacún, equino e apícola, polo que todos os recursos que se obteñen desta explotación son utilizados no comedor, así como os produtos de horta producidos tamén no centro.

O seu equipo de cociña está formado por María Xesús Calvo Rubio e María Isabel Díaz Ansareo, na imaxe coa placa Km 0.

Contacto:

Penamaior, s/n - 27695 - Becerreá (Lugo)

☏ +34 982 828 367 | ✉ cfea.becerrea@xunta.gal

Instagram: @cfeabecerrea