Os exemplares de Caldelá, considerados no seu momento como os mellor dotados para o traballo de toda Galicia debido ao seu temperamento tranquilo, son orixinarios da comarca que lle dá o nome á raza, Caldelas, situada ao noroeste da provincia de Ourense e que constitúe ademais o centro da súa área xeográfica de dispersión.
Con todo, tamén se atopaban exemplares nas áreas limítrofes da provincia de Lugo (serras do Courel e O Cebreiro), onde os máis anciáns do lugar aínda lembran as viaxes ás feiras de Castro Caldelas na procura de bois caldelaos, –extraordinarios animais de tiro–, e mesmo en zonas máis afastadas como Valdeorras e O Bierzo.
A raza atópase tradicionalmente en explotacións de índole familiar e manexo artesanal. Os sistemas mixtos de estabulación e pastoreo eran as fórmulas de cría máis habituais, aínda que na actualidade téndese a manter os animais no pasto de forma continuada. A alimentación, en función da época do ano, descansa no que pastan fose complementando con heno e algunhas raíces fornecidas no período de escaseza de alimento.
Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría. Trátase de animais rústicos, de gran aptitude maternal e de temperamento tranquilo, características que conducen a unha gran docilidade e a un excelente manexo.
Descrición:
Non se trata dunha raza produtora de carne cuantitativamente, senón cualitativamente. Os becerros teñen unha gran calidade natural e poden alcanzar ata o 150 Kg/canle ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores ao 50%.
Os machos adultos pesan en media 650 kg e as femias 450 kg, cunha alzada á cruz de 132 cm e 128 cm respectivamente.
É a única con pelame negra, aínda que as crías nacen marróns. Teñen un carácter moi forte, que as fan desconfiar de todo o que non coñecen. Tremendamente rústicas para a cría en liberdade.
Nas últimas décadas a raza sufriu un drástico e paulatino descenso, converténdoa nunha poboación vulnerable que necesita preservación, achándose na actualidade encadrada dentro do grupo de razas en Perigo de Extinción.
Uso gastronómico:
Caldega (Asociación de criadores da raza bovina Caldelá)
Ficha "Arca del Gusto" Fundación Slow Food
Produtores asociados a Slow Food:
Verín Biocoop (Verín)
Fonte información e imaxes: Boaga
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com