A súa orixe atribúese a Vilaboa, Pereiro de Aguiar (Ourense) debido a que esta variedade recolleuse neste lugar polo banco de xermoplasma MBG no ano 2002. A asa de cántaro cultívase sobre todo en Portugal, e por influencia dos nosos veciños, nas zonas de Galicia próximas á fronteira.

Fonte: MBG-CSIC

Descrición:

Pertence ao grupo varietal de coubes de porto baixo moi voluminosas que responden ao tipo varietal das coubes coñecidas como “asa de cántaro”.

Dentro deste grupo pódense atopar outros ecotipos integrados na eurorexión galicia-norte de portugal tales como a couve de Mirandela, a couve de Montalegre e en menor medida a coube de Chaves. De xeito coloquial, todas elas pódense englobar dentro da denominación Berza Blanca aínda si ben esta tipificación vai depender da cor máis ou menos blanca que acadan os nervios das follas segundo os distintos cultivares.

Variedade moi produtiva con aproveitamento hortícola das follas. As súas follas presentan nervios de cor branca moi marcados e péchanse cara ao interior, aínda que non forman repolo.

A Coube de Ourense presenta un alta concentración de vitamina C (acadando case o 70 % da dose diaria recomendada) ademáis de ser fonte de vitamina A e de B9 (presenta altas concentracións de ácido fólico). En menor medida aportarannos ademais vitamina B3 e nutrientes esenciais como potasio, calcio, fósforo, magnesio, ferro e zinc.

A coube de Ourense considerarase como unha boa fonte de fibra ó aportar case 2.5 g por cada 100 g de producto cocido. Hai que destacar ademáis a súa alta concentración en antioxidantes e glucosinatos.

É unha variedade de coube moi produtiva ao formar plantas de gran tamaño que fácilmente poden superar os 10 kg de peso. Presenta follas de gran superficie con nervos marcados de cor branco e que se pechan cara o interior pero sen chegar a formar repolo.

Plántase fundamentalmente de agosto a decembro obténdose a maior produción cando a temperatura ambiente é baixa.

Gran adaptación a climas atlánticos; típica de Portugal e Galicia. En Portugal chámaselle “Couve trounchuda” ou “Couve portuguesa” e é apta para cultivar tanto en ciclos de primavera-verán como outono-inverno.

Para o seu correcto desenvolvemento prefire solos soltos con elevado contido en materia orgánica e boa retención de auga pero sen caer no asulagamento.


Uso gastronómico:

Variedade de gran interese culinario e elevado valor nutricional. A coube de Ourense considérase unha boa fonte de fibra ó aportar case 2.5 g por cada 100 g de producto cocido. Hai que destacar ademáis a súa alta concentración en antioxidantes e glucosinatos.

Ten características intermedias entre a verza e o repolo e o seu consumo é similar a estes cultivos, é dicir, en cocidos e caldos.

Unha das características máis importantes desta variedade é o tallo, groso e ancho, que ademáis se come cocido coas follas, non se desaproveita, chegando a compararse a textura do mesmo coa dunha pataca. Todo isto sen aportar moito máis alá de 25 kcal por medio prato de coube.

Links: 

Ficha "Arca del Gusto" Fundación Slow Food

Produtores asociados a Slow Food:

Entrelampo (Marrozos)


Grazas pola colaboración a MBG-CSIC e ao Inorde Ourense.