Restaurante situado na Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, 📍 Abegondo (A Coruña), nunha contorna natural e única, ideal para os amantes da carne, sendo a súa especialidade o chuletón de boi de Rubia Galega do Xalo, acompañando con guarnicións de produtos Km 0.
Carlos Rodríguez, Seda Nikoghosyan, Christian Vadell e Belén Domínguez |
O chef de Brasa de Beche, Christian Vadell, de pai emigrante galego en Uruguai e nai uruguaia, leva dende os 15 anos tras os fogóns e dende os 20 viaxando por Europa para formarse nas cociñas francesas, holandesas e mediterráneas. Inspírase nas personas, nas cores e na natureza, por iso prioriza os sabores primarios, co máximo respeto polo sabor da propia materia prima sen modificar moito.
Todo isto tradúcese na cociña Km 0 fundamentada na dieta atlántica de Brasa de Beche e en receitas como o boi do Monte de Xalo.
Desde os ingredientes ata o prato, a súa filosofía de cociña baséase no seu compromiso de proporcionar unha experiencia gastronómica cómoda e de orixe local que combine un menú de tempada cun ambiente acolledor.
Porque lles importa que a súa contorna perdure tan verde e tan bela como foi sempre. Porque lles importa que o esforzo dos seus veciños agricultores e gandeiros teña unha recompensa xusta. Porque lles importa que o que comemos sexa de calidade, fresco, natural e san. Porque lles importas ti. Ven a tomar asento e forma parte desta experiencia!
Contacto:
Lugar de Beche 8, Folgoso, C.P. 15318 Abegondo · A Coruña
☏ +34 659 448 686 | ✉ hello@brasadebeche.com
Horario: Mércores - Xoves: 10:00h - 16:00h
Venres - Sábado: 10:00h - 16:00h e 20:30h - 00:00h
Domingo: 10:00 h a 16:00 h
* Luns e Martes pechado
Web: www.brasadebeche.com
👉 Carta 👈
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com