Fran Cividanes, nado en Baiona no ano 1969, conta xa con 30 anos de antigüedade como cociñeiro na Xunta de Galicia. Estudou FP na rama de Electrónica, aínda que o que realmente lle gustaba era a cociña pois con 16 anos xa traballou en restaurantes da zona. Varios anos máis tarde fixo por libre FP en Hostelería e Turismo en Santiago de Compostela.
En 1992 comenzou a traballar na Xunta de Galicia na Residencia de Tempo Libre de Patos, Panxón. No ano 1994 colle unha praza vacante no CEIP Pedro Caselles en Tomiño e no ano 1999 colle praza fixa no Centro de Menores Fogar San Paio, en Vigo.
Por promoción interna acada a praza de oficial de 1ª de cociña na Residencia de Estudantes Altamar e, mentras dura este proceso, pasou pola Residencia de Maiores de Campolongo e Marín, CRAPD I e II, rematando este percorrido na E.I. Marisma de Santa Mariña de Redondela, onde ca súa compañeira de cociña, Josefa Carballo García "Fina", danlle de xantar a 94 nen@s.
Grazas a Ana, a directora do centro, comenzaron a mercar produto de proximidade con DOP, IXP e Ecolóxico, obviamente dentro das súas posibilidades, xa que traballan cun presuposto moi axustado.
Dende a cociña participan en todas as festas e actividades coas crianzas e promoven que eles tamén colaboren. Este proxecto toma forma grazas a todas as compañeiras do centro.
Con respecto á alimentación dos nen@s, quere comunicar e traballar no senso de mimala e coidala , xa que nesta etapa da vida é moi importante. Xa roldan na escola outros proxectos, como montar un invernadoiro, prantar froiteiras..... e moitos máis que esperan atopar no seu camiño.
"Estou moi agradecido a Slow Food Compostela pola súa labor. A verdade é que nos axudaron moitísimo a cambiar cousiñas que axudaron a mellorar a calidade da alimentación dos nosos pequech@s" di Fran.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com