O comedor escolar do CEE de Panxón dá servizo ao alumnado do propio centro e tamén ao alumnado do CPI “Arquitecto Palacios” e a Escola de Ed. Infantil “As Dunas”, todos situados na localidade de Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra) contando neste curso 2024/25 con un total de 260 usuarios.

Concebimos o comedor escolar como un espacio educativo integral, non únicamente un servizo, un valioso espacio informal de aprendizaxe onde abordar a socialización, tolerancia, resolución de conflitos, nutrición... infinidade de aspectos relevantes que forman parte do denominado "currículo oculto".

A filosofía coa que traballamos na cociña do noso comedor é a de unha aposta por ofrecer aos seus usuarios, os nenos, unha alimentación saudable, baseada na variedade dos menús, incorporando receitas da nosa cociña Atlántica con abundancia de verduras, peixes, carnes de calidade, apostando polo consumo de produtos de tempada de proximidade e de produción ecolóxica, difundindo tamén a rica cultura gastronómica da nosa comunidade, dando lugar así a un servizo de calidade.

Desde fai dous cursos participamos no proxecto de COME LOCAL, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería (AGACAL) para os comedores escolares. Ao formar parte do mesmo, recibirmos formación e asesoramento, organizamos actividades formativas sobre as características nutricionais de distintos productos, analizamos a procedencia dos productos consumidos, …poñendo en valor os produtos galegos con certificado de calidade.

Compartimos os nosos menús, actividades realizadas e toda información que sexa susceptible de mellorar a alimentación e os costumes gastronómicos dos nosos usuarios na nosa páxina web do CEE de Panxón e nas RRSS do propio comedor. Paralelamente, o CEE de Panxón conta cun proxecto educativo coordinado e liderado polo profesor de cociña Álvaro Rey, chamado “Toleamos Sen+”. 


Consiste na xestión dunha simulación dun restaurante real onde o alumnado elabora, emplata e serve receitas elaboradas por eles mesmos e baseadas na mesma filosofía que impregna o comedor escolar, tendo en conta os ODS, empregando no mesmo produtos cultivados e recolectados na horta escolar e tamén produtos de produtores e cooperativas ecolóxicas e locais. Neste proxecto conflúen tamén programas do Plan Proxecta coma "Vexo", "Veo Xacobeo", "Naturezate", ou "Nós, Mestres Gandeiros".