Miguel Mosteiro Díaz é actualmente xefe de cociña, formador e asesor gastronómico en Gastrolab Arousa, un espazo gastronómico pioneiro no Barbanza dirixido á formación de profesionais do sector da hostalería e de calquera persoa interesada en mellorar os seus dotes culinarios, así como á organización de actos promocionais nos que a gastronomía será a principal protagonista. Para iso conta cun local de 220 m2 en Boiro que alberga unha aula de cociña, unha zona de presentación de produtos e showcooking, e unha cociña de I+D para a industria alimentaria.
Instagram: @miguelmosteiro
Miguel Mosteiro naceu en Cambados o 20 de xaneiro de 1971. Provén dunha familia dedicada ao mundo da panadería e a repostería onde empezou a súa formación gastronómica e as súas inquietudes pola cociña e a gastronomía.
Cociñeiro autodidacta e formado a través de moitos cursos, relatorios e colaboracións con cociñeiros de renome a nivel nacional e internacional como Pepe Rodríguez (El Bohío), Albert Adrià (Tiquets Barcelona; Bulli, Xirona, etc...), Iván Domínguez (Casa Marcelo, Compostela; grupo Alborada, A Coruña; Nado, A Coruña, etc...), Lucía Freitas (A Tafona, Compostela), Javier Estévez (A Tasquería, Madrid), Alberto Chicote...
Cociñeiro seleccionado para representar a cociña galega na Expo de Milán 2015 e na CIIE Shanghái 2019, así como relator en moitas das máis prestixiosas feiras gastronómicas nacionais representando o produto galego: Alimentaria (Barcelona), Salón Gourmet (Madrid), Fórum Gastronómico (A Coruña), Fórum Gastronómico (Xirona), Fórum Gastronómico (Santiago de Compostela), Conxemar (Vigo), Salimat (Silleda), FITUR (Madrid), Salón Náutico de Barcelona, etc...
DATOS DE CONTACTO:
Avenida da Constitución, 89 baixo
Teléfono: 629 87 20 80
E-mail: gastrolabarousa@gmail.com
Instagram: @gastrolabarousa
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com