O Colexio La Milagrosa pertence á Fundación Visita Domiciliaria Medalla Virgen Milagrosa, unha Fundación cuxo obxectivo foi sempre proporcionar unha formación de calidade aos nenos das familias menos favorecidas. Desde os seus comezos, contou con comedor escolar no que, como non podería ser doutro xeito, tamén a calidade sería un factor determinante. É así que, desde 1965, ano en que empezou a súa andadura, buscou sempre contar con persoal responsable, formado e cun enorme amor pola actividade que realizaba.
José Luís Cabarcos, director da Agacal, entregando a distinción Km 0 a Silvia, a responsable de comedor, e Luís, o director |
Nestes 57 anos, únicamente houbo tres responsables do comedor que, co apoio incondicional da dirección do colexio, conseguiron, cun presuposto moi baixo, facer do comedor un dos estandartes máis recoñecidos e valorados polas familias.
Os cociñeiros e cociñeiras, en afinidade coa ideoloxía do centro, formábanse constantemente, adaptándose aos tempos e mantendo especial sensibilidade coas diferentes condicións do alumnado.
Os menús eran elaboradorados en colaboración coas autoridades sanitarias, a fin de ofrecer unha alimentación equilibrada e adaptada á idade dos nosos pequenos comensais.
O profesorado do centro colaborou sempre, de xeito desinteresado, nas tarefas de servizo, control e atención aos nenos e nenas nos diferentes turnos de comedor e, de xeito moi especial, durante estes dous anos de pandemia, nos que se fixo necesario establecer máis turnos, con menos alumn@s polas restricións do COVID19.
É por iso, que cando se nos informou que poderíamos participar na II Campaña “Come Local 20-21”, levada a cabo por Slow Food Compostela para a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, (AGACAL), pensamos que sería unha ocasión única para continuar fortalecendo as nosas ideas de ofrecer aos nosos nenos e nenas uns menús saudables nos que a sustentabilidade, a harmonía coa natureza e a presenza de produtos de proximidade e calidade, foran un eixe común.
José Luís Cabarcos, visitando a cociña do centro |
A profesora Silvia, actual encargada do comedor, implicouse activamente no proxecto animada pola inestimable axuda de Leonor, de Slow Food Compostela, que a orientou e proporcionou provedores e produtos que fixeron as delicias de todos os que tivemos a oportunidade de degustalos.
Silvia, Lucía e Paz, que atenden a sala de comedor, e Mónica e Eva, as cociñeiras |
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com