Regueiro da Cova naceu no 2016 despois de que a súa propietaria se formase lonxe da casa. Begoña Vázquez Gago (Riós, 1986) pasou cinco anos entre o Beiramar, no Grove, o Portovello, en Allariz, no Pirineo para Pedro Subijana e o Sanmiguel, na cidade de As Burgas, aínda que no seu currículo aparecen apuntados máis de 35 locais. «Quería volver á miña zona e apostar claramente polo rural. Reivindicar que aquí tamén pódese innovar na cociña, sen esquecer a tradición, pero con toques vangardistas», explica Begoña. A día de hoxe é a única muller entre os 13 fundadores da asociación Cociña Ourense.
A súa cociña baséase en produtos Km 0, ecolóxicos e de primeira calidade. Buscan chegar aos teus recordos a través da mesma e que goces en cada bocado da súa comarca: a comarca de Monterrei. «Creo que fago cociña rural, que en cada prato pódese comer toda esta zona. Traballo con produtores moi pequeniños pero con moitísimo valor e iso encántame», admite. «Ata hai pouco Ourense era o gran esquecido da cociña galega. Parecía que só existían o marisco e o peixe. Pero somos moito máis» afirma Begoña. «Penso que os restaurantes e os cociñeiros somos en parte un escaparate. O que facemos serve para dar a coñecer alimentos incribles».
Begoña co seu equipo de cociña |
As súas carnes de tenreira son proporcionadas por Verín Biocoop, Cooperativa en ecolóxico de recuperación de razas autóctonas en perigo de extinción da provincia: a vianesa, a frieiresa, a cachena, a caldelá e a limiá, así como a rubia galega.
Contacto:
Rúa da Alameda, 21, 32600 Verín (Ourense)
Reservas: 988 683599
E-mail: regueirodacova@yahoo.com
Instagram: @regueirodacova
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com