Cociña de autor e produtos locais é o que vamos atopar neste espazo dende agora KM 0 ubicado en A Baña, un municipio de apenas 3.500 habitantes e a uns 20 minutos de Santiago de Compostela. 

Manuel Garea (repostería), Pablo Rodríguez (dirección) e Verónica (cociña)

Aquí atópase este pazo do século XVIII nunha contorna chea de historia, coas raíces ancoradas no ADN galego. Desde os xardíns versallescos ata as maxestosas construcións ou os hórreos da entrada, entre os que se atopa un dos máis grandes de Galicia, con piares de pedra e laterais de madeira.



Equipo de cociña

Ao fronte dos seus fogóns está Verónica Sánchez Castiñeiras. A súa cociña crea unha ponte entre a gastronomía galega tradicional e vangardista. É profesora de cociña e traballou nos preparatorios das Olimpíadas de Tokio 2020 como xefa de cociña da selección española de kárate. A súa dilatada experiencia en cociña internacional é a súa ferramenta para elaborar os bocados máis creativos nos aperitivos. Desde ceviches de robaliza a tacos de zorza, fusionando receitas universais co mellor produto galego.

De esquerda a dereita, Manuel Garea, Verónica e un integrante do persoal de cociña do Pazo

Manuel Garea é o xefe de pastelería. Profesional da restauración, especializado en repostaría e integrante do panel de cata da IXP Mel de Galicia, conta cunha ampla traxectoria no sector da hostalaría. No seu percorrido profesional, foi gañador de diversos galardóns de cociña, así como diferentes recoñecementos. Entre eles, destaca o de “Embaixador da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide” outorgado polo concello de Melide.


Dirección

Carmen Reino e Pablo Rodríguez Reino, nai e fillo, son o corazón de Pazo de Cores. A familia que mantén vivo este pazo e que, abrindo as súas portas, demostra que a profesionalidade ten moito que ver coa cercanía. Son os mellores anfitrións.

Aman este espazo e iso nótase. Non hai mellor garantía que esa a a hora de buscar unha contorna con identidade propia e no que se coidan ao máximo todos os detalles.

 Contacto:

San Juan de Barcala, 15862, A Baña (A Coruña)

☏  687 753 704 | ✉ info@pazodecores.com

 @pazodecores