Casa Alongos foi distribuidora de viños, licores e produtos ecolóxicos desde o ano 2005 ata o 2014. En xuño deste ano convertíronse en casa de comidas. Están ubicados no Camiño de Santiago, ao seu paso por Melide (A Coruña). Concha Casares e Francisco Lugris son os seus propietarios.

A trazabilidade dos alimentos que empregan, amosa fielmente como é a cociña da casa: natural, saudable, fresca e nutritiva, cun claro predominio de verduras, hortalizas e carnes de razas autóctonas galegas, en gandeiría extensiva e nalgún caso, coma o da vaca Limiá, en ecolóxico.

Están situados nun espazo verde ao pé do Camiño  de Santiago, ofrecendo unha cociña do día, fresca e de calidade, nun lugar para o repouso e o disfrute que representa perfectamente o sostible e cercano do  "Slow Food" que andan buscando veciños, visitantes e peregrinos.

A súa carta esta baseada en produtos de alta calidade, naturais, pratos baseados na preservación dos sabores de sempre, con algúns toques innovadores que non desvirtúen a autenticidade do produto. Esta é a base do COMER DE CASA, unha COCIÑA CON CORAZÓN 💚

Concha Casares, a cociñeira de Casa Alongos

Concha Casares Mozo, chef de Casa Alongos, é unha persoa autodidacta, con consellos varios de grandes chefs, aprendiz constante e buscadora dos mellores produtos para cociñar a lume lento. Naceu no ano 63 no antigo Bar Alongos. Benilde e Manuel, seus pais, son referentes gastronómicos indispensables, de alimentación saudable, de respecto á terra, de aromas, sabores, produtos de cercanía e bo trato ao comensal.

Contacto:

Enderezo: Rua Camiño Vello de Santiago, S/N, 

C.P. 15800 Melide (A Coruña)

Reservas: 619229334 | 981506392 

E-mail: info@casaalongos.com

Webhttps://www.casaalongos.com/#inicio