A IXP Ternera Gallega fixo un obradoiro de formación para os preto de 20 cociñeiros e cociñeiras dos Comedores Escolares KM 0 que participaron, no seu momento, no programa *Come Local* de Experiencias de Calidade e que pertencen á rede de Slow Food Compostela en Galicia.
A actividade estruturouse en varias seccións e tivo unha duración aproximada de 4 horas e media, durante as cales se abordaron os seguintes contidos:
1. IXP e DOP: significado e regulamentación.
2. IXP Ternera Gallega e IXP Vaca Galega -Boi Galego:
✅ Historia.
✅ Sistemas produtivos.
✅ Razas.
✅ Alimentación e manexo.
✅ Benestar Animal – Sistema de control e trazabilidade - Etiquetado e categorías comerciais.
3. Aspectos tecnolóxicos da carne de vacún de calidade:
✅ Maduración.
✅ Conservación.
✅ Envasado.
✅ Cualidades organolépticas.
✅ Características nutricionais.
✅ Despezamento.
4. Técnicas de corte, pezas e usos culinarios:
✅ Elaboración e preparación de novas pezas.
✅ Diferentes tratamentos e usos culinarios.
✅ Degustación dalgún dos cortes presentados.
A ubicación foi na nova sede do Consello Regulador da IXP Ternera Gallega en Rúa Obradoiro CAB, 2 (Parque da Muiña) Santiago de Compostela.
Día: Mércores 23 de Abril de 17 a 21 h.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com