Un dos primeiros proxectos de Slow Food foi a "Arca do Gusto", cuxo nome reivindica, no ámbito da tutela da alimentación de calidade, a imaxe da Arca de Noé. Trátase dun inventario de alimentos de calidade que corren o risco de desaparecer, producidos artesanalmente en cantidades limitadas e vinculados ao ambiente, á historia e á realidade socioeconómica dunha rexión.



Foi creada no 1996 co propósito de ter un catálogo de produtos alimentarios, describilos e captar a atención do público sobre os mesmos. Proceden de todo o mundo e están estreitamente vinculados ás comunidades e culturas específicas. O mel de Tapoa, un produto orixinario da rexión homónima oriental de Burkina Faso producido polo pobo gurma, é o produto co que Slow Food alcanza os 5.000 pasaxeiros da Arca do Gusto, o gran catálogo en liña de alimentos esquecidos e en risco de extinción que pertencen á cultura, á historia e ás tradicións locais de cada recuncho do planeta. A Arca rexistra estes produtos baixo categorías diversas (razas, animais, froita, verdura, conservas, queixos, etcétera) e constitúe un recurso único para o que estea interesado a  redescubrir e promover o gran patrimonio de biodiversidade alimentaria que construíu a humanidade ao longo dos séculos.

A nosa biodiversidade está en perigo en todo o mundo debido á industrialización, a erosión xenética, cambios nos patróns de consumo, o cambio climático, o abandono das zonas rurais, a migración e conflitos.

 

O Arca do Gusto convida a todos a actuar: nalgúns casos, é necesario  redescubrir os produtos e volver poñelos sobre a mesa, e é necesario apoiar aos produtores e contar as súas historias; noutros, como no caso das especies silvestres en perigo de extinción, sería mellor comer menos ou nada delas para preservalas e favorecer a súa reprodución.