Unha crecente inquietude pola saúde e a sustentabilidade, disparou a preocupación pola nosa alimentación. Buscamos produtos que proveñan da agricultura ecolóxica, variedades locais, sistemas de produción en extensivo e sostibles co medio ambiente, e moito máis se estamos a pensar na alimentación dos máis cativos.
É por iso que cada vez máis pais e responsables da alimentación infantil están a cambiar de hábitos deixando de favorecer a compra máis barata en prol da máis natural. Pero ademais, non podemos esquencer como nunha sociedade tan rural como foi tradicionalmente a nosa, estamos a ver como as novas xeracións viven desligadas da cultura agraria. Este feito acaba por xerar unha relación distorsionada cos alimentos que non forman parte da súa realidade.
Unha vez que cumpran uns requisitos, outorgamos a distinción de Comedor Km 0 para darlle visibilidade e que sirva de exemplo para moitos máis que queiran unirse a este proxecto.
Un "Comedor Escolar Km 0" certificado por Slow Food promove:
- A redución das emisións de CO2 equivalente á atmosfera producidas polo transporte de alimentos.
- Divulga as calidades e o valor dos alimentos incluidos nas categorías Arca do Gusto e Baluarte.
- Favorece o consumo de produtos locais, comarcais e estacionais.
- Apoia aos agricultores familiares da súa contorna.
- A ter na súa carta de provedores un 50% como mínimo de produtores/elaboradores de cercanía, entendéndose por cercanía un radio de 100 quilómetros.
- No caso de empregar produtos que non poden ser de cercanía, valoraranse positivamente os certificados ecolóxicos ou de calidade.
- Reducir ao máximo a xeración de residuos e fomentar a reciclaxe.
- Favorecerase a produción extensiva fronte a intensiva e o emprego de variedades tradicionais.
- Os comedores escolares Km 0 son un seguro de calidade alimentaria para os nenos e nenas.
QUERES SER UN COMEDOR ESCOLAR KM 0?
Como ser parte do programa Km 0?
- Le atentamente toda a información onde se explican os requisitos necesarios para formar parte do Km 0.
- Contacta coa Comunidade de "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia" no correo km0galiciaslowfood@gmail.com.
- A Comunidade facilitará unha ficha de datos que o comedor escolar deberá encher e devolver debidamente cumprimentada.
Queremos poñer en valor aqueles ODS que axudamos a acadar con este proxecto:
Axudan a acabar coa fame (ODS 2) xa que…
2.3 Apoian aos agricultores familiares
2.5 Apoian a diversidade xenética agrícola.
Garanten unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promoven oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos (ODS 4):
4.7 Pola súa contribución á educación dentro do desenvolvemento sostible e os estilos de vida saudables.
Loitan por un traballo decente e un crecemento económico (ODS 8):
8.4 Promoven o consumo eficiente de recursos e desvinculan o crecemento económico da degradación do medio ambiente.
Axudan a construír comunidades sostibles (ODS 11), xa que... apoian os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre zonas urbanas, periurbanas e rurais.
Favorecen a produción e consumo responsables (ODS 12):
12.2 Pola xestión sostible do uso eficiente dos recursos naturais.
12.3 Por axudar a reducir o desperdicio alimentario dende a colleita ata o consumo final
12.4 Por axudar a mitigar o emprego de produtos de síntese química e a súa posterior liberación no medio ambiente.
👉 Contacto Slow Food Compostela: slowcompostela@gmail.com
👉 Contacto "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia": km0galiciaslowfood@gmail.com
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com