A escasos metros do centro do centro histórico da vila Medieval de Betanzos, na Coruña, atopamos este Restaurante que conta ademais cunha pequena tenda de produtos locais de primeira calidade para que poidas levarche os sabores das Mariñas a casa.

Coa máxima de Innovación na Tradición, Lolo Mosteiro e Paula Martínez dirixen este restaurante, no que se combina orixinalidade, con cociña tradicional e cociña de autor. Produtos galegos, carnes e peixes da comarca e viños, entre eles, os viños da Indicación  Xeográfica Protexida "Viño da Terra de Betanzos", son algúns dos moitos produtos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que se poden degustar na Moza Crecha, xa que para a elaboración das súas exquisitas receitas utilizan produtos de proximidade e de Km 0.

Fonte: La Voz de Galicia
  Instagram Lolo: @lolomosteiro28
  Instagram Paula: @pauartesadamozacrecha

A excelente cociña da Moza Crecha foi a gañadora do Primeiro Premio Popular en 2018 e Segundo Premio en 2019 na "Semana do Petisco de Betanzos". Os seus Chefs e propietarios, Lolo e Paula, grandes amantes da súa profesión, participaron en numerosos Congresos Gastronómicos entre os que destacan o Forum Gastronómico de Barcelona 2019 e 2021, Atlántica Gastronómica 2019, Boucatise: Festival do Bocadillo Gourmet en 2019, Xantar de Ourense 2021, Festival da Luz 2021 e Maridar 2019, 2020 e 2021.


O local conta con catro zonas con catro ambientes diferentes nunha mesma ubicación: Un Restaurante con capacidade para 35-40 personas para disfrutar dun menú degustación, unha taberna cunha carta máis informal e con capacidad para 20-25 personas, un Patio cuberto con dúas mesas con vistas ao Río Mandeo e unha Terraza en pleno paseo fluvial.


Ademais, ofrecen outros servizos como son: comida para levar, adaptación a menús a dietas especiais (por encargo) e “Artesas Agasallo”, unhas caixas regalo pensadas para particulares e empresas con produtos delicatessen da zona.

Outra parte moi importante na curta vida da Moza Crecha, foi a creación da división "A Moza Crecha Catering", adicada a eventos de todo tipo, caterings, catas de viños, festas para empresas ou particulares, menús temáticos, buffets, brunchs ou cocktails o que transformaron o Restaurante nunha empresa de Servicios Gastronómicos.


Datos de contacto:
Enderezo: Rúa Alfolí, 7, P.º Antolín Faraldo, 10, Bj IZ, 
15300 Betanzos, A Coruña
Teléfono: 622 46 84 17
E-mail: mozacrecha@gmail.com
 Instagram: @artesadamozacrecha