O CFEA de Lourizán trátase dun centro donde se levan a cabo os seguintes estudos de formación:
• FP DE CICLO MEDIO EN APROVEITAMENTO E CONSERVACIÓN DO MEDIO NATURAL
• FP DE CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
Desde cociña ofrécense almorzos, "xantares", comidas e ceas. O centro, ao ter residencia, dá unha formación integral, e a cociña é unha parte fundamental no benestar do alumnado e traballadores. Unha boa alimentación é a base para unha vida saudable que é o que necesitan os alumnos para enfrontarse aos estudos e actividades no seu día a día.
O seu equipo de cociña: Santiago García Torres , Soledad Lobato Lobato e Susana Sanmartín Rey |
Ademais, as horas da comida son un momento de encontro e socialización para alumnos e traballadores que teñen horario estendido. Desta forma, o comedor é un punto de reunión "ao redor dunha mesa", o que aumenta vínculos e imprime o carácter familiar que caracteriza o centro.
Deséñanse menús saudables e con produtos de proximidade e de tempada.
Asesoramento persoal de cociña sobre provedores de proximidade de man de Slow Food Compostela |
Contacto:
Rúa Igrexa, 19, 36153 Pontevedra
☏ +34 986 80 50 88 | ✉ cfea.lourizan@edu.xunta.gal
Instagram: @cfealourizan
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com