O CFEA de Sergude contou con residencia e comedor para o alumnado desde os seus inicios (1974). Ao tratarse dun centro de Formación da rama Agraria dispón, na súa finca de 100 Ha, de parcelas de prácticas dedicadas aos cultivos de horta e froitas, conta con dous invernadoiros e con granxa de gando vacún, porcino, ovino cabrún e avícola. Desde sempre aproveitáronse as producións propias para o consumo no comedor da residencia. Esta idea do autoconsumo sostible inténtase transmitir ao seu alumnado, de xeito que eles mesmos cultivan moitos dos produtos que logo consumen no comedor da residencia. Unha parte da produción realízase en condicións de agricultura ecolóxica.
Nos últimos anos incrementaron as súas producións de verduras, hortalizas, froitas e reses de abasto, intentando que unha boa parte dos produtos de consumo do comedor foran da produción propia.
Así, producen leituga, espinacas, cebolas, patacas, cenorias, brócoli, repolo, lombarda, kale, pementos, tomates, chícharos, xudías, cabazas, espárragos, fresas, cirolas, limóns, pomelos, mazás, peras, kiwis, uvas, castañas, grelos, cogomelos, ....
Crian e ceban gando porcino, ovino caprino e vacún, que se sacrifica no matadoiro de Santiago de Compostela para o consumo no comedor. Teñen en proxecto o rexistro da granxa de avicultura artesanal, que lles permitirá o consumo dos ovos e da carne das aves de curral que crian.
Os excedentes da produción son doados a entidades de axuda social locais.
A maioría dos seus provedores son da contorna: o panadeiro, o carniceiro, o froiteiro están a menos de 10 km, cunha pequena pegada de carbono.
Juan C. Ferreras, director do centro; o seu equipo de cociña; José Luís Cabarcos, director da Agacal e Rocío García, secretaria de Slow Food Compostela. |
O seu equipo de cociña está formado por:
- Cociñeira: Ana Lobato Botana (leva 26 anos cociñando no centro).
- Axudante cociña: Oscar José Arestiño Agra.
- Axudante de cociña: Mª del Mar Fandiño Tojo.
Ademais colaboran no servizo de comedor:
- Mª Carmen López Pérez (leva 48 anos servindo no comedor do centro).
- Mª Ramona García Romero.
- Mª Cristina Vila Méndez.
Contacto:
Quián, s/n - Sergude - 15881 - Boqueixón (A Coruña)
☏ +34 881 867 325 | ✉ cfea.sergude@xunta.gal
Facebook: facebook.com/cfeasergude
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com