O restaurante enmárcase dentro dun complexo de enoturismo que inclúe as adegas de Casal de Armán e unha casa rural. Sábrego é tradición posta ao día e unha aposta decidida polo produto de tempada. A cociña, a cargo do chef Marco Varela, nútrese de produtos galegos de máxima calidade xunto con elementos foráneos e foxe dos pratos nos que a técnica domina ao sabor. Unha perfecta mestizaxe entre tradición e innovación.
EQUIPO
Marco Varela. Chef.
A súa cociña sabe a produto. Isto é, o peixe sabe a mar, a leituga a horta… Nos seus fogóns foxe dos pratos nos que a técnica domina ao sabor… Auténtico, incondicional do produto de proximidade, o chef Marco Varela Froiz (Lalín, 1982) recoñece que o mellor sabor é o do recordo, o do guiso da avoa, o que non se esquece. Xunto co seu equipo, dinámico, novo, tentará que a vosa experiencia connosco sexa un goce para os sentidos.
Jorge González. Xerente.
Jorge González é o menor dos seis irmáns González Vázquez, propietarios de Sábrego Restaurante e da adega e casa de turismo rural Casal de Armán. Afable e próximo, Jorge é o encargado de sala e coordinador do equipo de eventos.
Contacto:
San Andrés, Ribadavia 32415 - Ourense
☏ 988 491 809 / 638 043 336 | ✉ info@sabregorestaurante.com
Horario de verán (1/07 a 31/08):
Luns PECHADO
Martes a domingo de 13,15 a 15,45 h e de 20,30 a 23,15 h
Horario de inverno (31/08 a 1/07):
Luns PECHADO
Martes, xoves e domingo de 13,15 a 15,45 h
Venres e sábado de 13,15 a 15,45 h e de 20,30 a 23,15 h
📜 Carta
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com