Restaurante e Vinoteca ubicado na antiga estación de Renfe de 📍O Burgo (Culleredo). Son o noso terceiro establecemento certificado como Km 0 Slow Food en Galicia. Un lugar acolledor para os amantes da carne no que a súa especialidade é a carne de vacún maior, o boi e a vaca de raza Rubia Galega Autóctona. Todo isto acompañado dunha ampla gama de viños da súa bodega.





Leonardo Cao Mena, cociñeiro do Divino Vinoteca en 📍Culleredo (A Coruña), sempre tivo o obxectivo desde que abriron, de consolidarse coma un dos mellores restaurantes de carne de España. Naceu en Bos Aires, arxentino de sangre galega por parte de pai e alemán por parte dos avós maternos. Pero cumple tódolos tópicos: é un tolo do fútbol e da parrilla. No seu restaurante só utiliza animais daquí. Interésalle coñecer a  trazabilidade, de que se alimentan.

 Instagram: @leonardocaomena


DATOS DE CONTACTO:
Lugar: Estación O Burgo, Rúa Ramón Cabanillas, 
s/n, 15670 Culleredo, A Coruña
E-mail: ocabalodeferro@gmail.com
Teléfono: 881 91 44 12
 Instagram: @divinosteakhouse