Trátase dun pequeno lugar con moito encanto e con vistas ao Val do Salnés, un deses enclaves que aparecen en tódalas guías, listados e blogs de referencia coma unha das recomendacións si visitas as Rías Baixas ou mesmo Galicia. Tradición, materia prima autóctona e boas ideas, son algúns dos ingredientes que, fusionados nas súas correspondentes cantidades, deron lugar ao que hoxe é a cociña da Quinta.
Os seus propietarios son Nacho Crespo, un madrileño namorado de Galicia, e Julio Oubiña, galego de O Grove cociñeiro autodidacta por devoción:
"Facía anos que pensabamos na posibilidade de montar un pequeno hotel. Eramos e somos consumidores de hoteis con encanto e parecíanos unha boa alternativa para dar un xiro diferente ás nosas vidas e desta forma saír da axitada e estresante vida de Madrid.
Nacho Crespo, co-propietario Quinta de San Amaro |
A idea do restaurante xurdiu un pouco máis tarde. Considerabamos que era un bo complemento para un hotel destas características e a zona onde nos atopamos. Co restaurante pretendiamos ofrecer unha alternativa gastronómica de calidade nun ambiente agradable, cun servizo eficiente e amable cunha relación calidade prezo razoable.
Despois de dar moitas voltas, demos con Meaño. Non era o pobo máis coñecido turisticamente, pero a súa localización era perfecta para estar ben comunicado. Na leira había varias casas de máis de cen anos e algúns muros caídos que podían ter máis de douscentos. Pensar en todos os detalles foi divertido. A obra foi complicada e o resultado facíanos sentirnos satisfeitos, seguros para poder ofrecelo aos nosos clientes e amigos.
Julio Oubiña, co-propietario Quinta de San Amaro |
Hoxe en día cremos que a Quinta de San Amaro cubriu as nosas expectativas. Os clientes que deciden aloxarse connosco viven a experiencia dunha Galicia rural, pero ben comunicada, entre viñedos de Albariño, pero a tan só 10 minutos das mellores praias das Rías Baixas. Doutra banda, a clientela do noso restaurante repite habitualmente e iso provócanos unha gran satisfacción. Todo isto non sería posible se non fóra pola nosa aposta persoal de dar o mellor servizo".
Foto de Alvientooo |
Coñecíamos o bo facer da cociña de Eduardo Alemán, o respecto que ten pola orixe dos produtos cos que traballa, dándolle protagonismo á materia prima por enriba da elaboración: "cremos no produto de proximidade e non entendemos de présas para degustalo". Edu foi xefe de cociña da Quinta de San Amaro ata este 30 de novembro de 2021. Tivo a sorte de estar rodeado neste tempo dun gran grupo de cociña tanto no ámbito laboral, como sobre todo no humano e persoal.
"Este grupo estaba conformado por Gabriel Oubiña, Marisa, Gabriela e Ángeles. Durante un tempo tamen formou parte deste gran grupo, Berto Cobas. Con todos eles creo que conseguimos seguir na boa liña que durante anos mantivo Julio Oubiña, antigo xefe de cociña e un dos propietarios do local. Introducíronse certos cambios na carta e tamen a nivel presentación, pero en todo momento respetando tanto o producto como a esencia que sempre carecterizou a este restaurante, que é un referente na hostalería tanto na comarca do Salnés coma en toda a provincia de Pontevedra.
Por motivos e circunstancias da vida, teño q deixar a dirección desta cociña, pero moi orgulloso desta experiencia e de todo o q me aportou tanto profesional como persoalmente".
Tomou o seu relevo Sergio Méndez que con 26 anos colleu o relevo de Eduardo. Á idade de 18 decideuse a estudar o ciclo medio de pastelería e logo de 2 anos, o ciclo medio de cociña. Comezoulle a gustar este mundo xa desde cativo, sempre pegado ao mandil da súa avoa e bisavoa, e tamén ao de súa nai e pai, sempre probando as cousas. Así que desde ben pequeno xa tivo esa conexión especial coa cociña. Ao rematar o ciclo, fixo as prácticas na Quinta, e tivo a sorte de que lle ofreceron traballar alí. Despois de pouco máis de 2 anos, decideu cambiar de aires e probar outras cociñas. Agora, 2 anos despois, volve con moitas gañas e ilusión como xefe de cociña para intentar que este establecemento que constitúe un referente na comarca do Salnés siga medrando con moito éxito. Xunto del acompáñao un gran profesional e amigo, Antonio Castro, a súa man dereita na que confía plenamente. Tamén o acompaña Gabriel, un gran axudante de cociña, tremendo traballador que xa ten a experiencia de traballar na Quinta.
Dende este novembro do 2021 xa forman parte da nosa rede Km 0 en Galicia formada por Restaurantes e Comedores Escolares. Noraboa!!
Contacto:
Enderezo: C/ San Amaro, 6 (saída 14 da autovía do Salnés, dirección Meaño)
36968 Meaño – Pontevedra
Teléfono: +34 630 877 590
E-mail: info@quintadesanamaro.com
Instagram: @quintadesanamaro
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com