A Cebola de San Cosme cultívase no Concello de Outes, municipio costeiro da provincia de A Coruña, na comarca de Noia.
Ten unha forma oblonga e elíptica, unha cor dourada no exterior e é de tamaño medio. O seu sabor é doce, é zumarenta e por iso adóitase utilizar en cru. Cando se cociña, o seu sabor é extremadamente aromático e queda crujiente e tenra. Ao ser un produto moi versátil, utilízase en moitas receitas tradicionais, como a empanada de millo con berberecho con cuncha.
Empanada de porco celta con cebola de San Cosme |
As características organolépticas específicas da Cebola de San Cosme son o reflexo das condicións agronómicas, climáticas e edáficas, ou sexa, da cultura agrícola ancestral das labregas que a cultivan, do tipo de terra areosa e con drenaxe e condicións de temperaturas mornas e alta humidade ambiental que se dan no Concello de Outes e máis concretamente na Parroquia de San Cosme.
Comercialización do ceboliño de San Cosme no mercado |
En xullo, as cebolas cultívanse e consómense ou, tras o secado, almacénanse ata marzo do ano seguinte. A semente obtense enterrando as mellores cebolas do ano anterior e deixándoas florecer. Cando a semente está madura, en agosto, cultívase e almacénase en tarros de cristal ou en sacos de tea.
|
A maior parte do traballo de cultivo desta cebola séguese facendo á man, con ferramentas tradicionais e sen o uso de herbicidas químicos, polo que as cebolas só se venden a nivel local, en granxas ou en mercados próximos e en restaurantes que comezan a valorar as características únicas deste produto.
O principal risco para a supervivencia desta hortaliza tradicional é a falta de substitución xeracional entre os produtores. Hoxe en día, de feito, poucas persoas coñecen o xeito tradicional de cultivo, sendo minoritario as persoas en activo que producen e comercializan este ecotipo de cebola. Novas técnicas de cultivo, apoio das institucións, selos de calidade, como a produción ecolóxica e oportunidades de comercialización en restaurantes, mercados e comedores públicos están a motivar a persoas máis novas para que vexan o cultivo deste produto coma unha oportunidade. Se non existe relevo xeneracional con futuros cultivadores, podería levar á perda non só do produto, senón de todo o valor cultural ligado a esta variedade, ás prácticas tradicionais de cultivo e ao coñecemento cotián do medio.
Máis información:
Lucía Ferreira Fernández
E-mail: luferfer1@hotmail.com
Teléfono: 686 93 82 54
ou
Carlos Rodríguez Navarrete
Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
Concello de Outes
981850003
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com