Aproveitando ao máximo o encanto deste restaurante situado en pleno centro histórico de Santiago de Compostela, a cociña da Maceta fusiona ingredientes, sabores e texturas de todo o mundo. Amantes da cociña de tradición, ofrecen pratos sinxelos e honestos.
Traballan con produtos de tempada procedentes de provedores locais, como os que están no mercado de Abastos, polo que son habituais os cambios puntuais nalgunhas das súas cartas.
O EQUIPO
Desde que naceu o restaurante, en xuño de 2016, o equipo da Maceta esfórzase día a día para sacar á luz a calidade, as cores e os sabores dos produtos cos que traballan.
A cociña da Maceta ten influencias internacionais con carnes, peixes, verduras e outros produtos propios de cada tempada.
Baixo a dirección de Jorge Gago, a cociña da Maceta esfórzase para ofrecer aos seus clientes unha experiencia gastronómica diferente. Antes de chegar a este sector, Jorge traballaba como forestal. Decidiu dar un cambio de rumbo á súa vida estudando cociña no Lamas de Abade de Compostela. Logo traballou na Curtidoría (tamén en Santiago), no restaurante A Estación de Cambre e por último no Manso. Aterrizou en A Maceta en xuño do 2016.
![]() |
Cheesecake actualizada, vencedora do certame "De Tapas por Galicia 2022" |
Entre outros recoñecementos, Jorge gañou no ano 2017, o "Premio Cociñeiro Novo", galardón organizado polo Fórum Gastronómico da Coruña e o diario La Voz de Galicia, que premia a cociñeiros emerxentes da nosa terra. Tamén gañou varios anos o Santiago(é)Tapas en varias categorías, foi vencedor da edición compostelá de "Desafío XChef" de Cervexas 1906 e mellor cociñeiro polo xurado do certame "De Tapas por Galicia" deste 2022.
Contacto:
Rúa de San Pedro 120, 15703 Santiago de Compostela
☏ + 34 981 589 600 | ✉ ola@amaceta.com
Web: amaceta.com
Horario: de martes a sábado de 12,30 a 17,00 horas e de 20,00 a 00,00 horas
👉 Reservas 👈
👉 Carta 👈
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com