O salón de plenos do Concello de Ames foi marco dun acto no que a presidenta da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo, entregoulle ao concelleiro en funcións nese momento de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, a distinción Comedor Escolar Km 0, que acredita que o servizo municipal pasa a formar parte da Rede de comedores escolares Km 0 de Galicia. Neste acto tamén participou a técnica municipal do departamento de Educación, Rosa García.
As placas entregadas acreditan que nas cociñas dos comedores escolares da capital maiá empréganse produtos de proximidade e se aposta pola sustentabilidade a través da xestión de residuos. As placas colocáronse nas cociñas das escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, de Milladoiro, así como nas cociñas do CEIP Agro do Muíño e da EEI Milladoiro. A Rede Km 0 en Galicia está formada por 25 restaurantes e 26 comedores escolares, incluíndo agora os amesáns.
![]() |
EIM O Bosque |
Para obter a mencionada distinción, o departamento municipal de Educación tivo que realizar diferentes trámites, como enviar unha lista dos provedores cos que se traballa para que fose analizada e certificada por Slow Food Compostela, dando fe de que en Ames cómprense os requisitos esixidos, en concreto que a metade dos víveres teñan a súa orixe en Galicia e que se adquiran parte dos mesmos directamente ao produtor, fomentando as canles curtas de comercialización e as plantacións a medida.
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com