Situado na Rúa de San Pedro, en Compostela, este centro sociocultural privado está xestionado por Susana e Pepe, responsables ademais da cociña do CEIP López Ferreiro (pertencente á nosa rede de comedores escolares Km 0). A edificación é unha construcción tradicional cunha tipoloxía de orixe medieval propia dos rueiros de Santiago. É, por tanto, unha testemuña da orixe do Barrio que naceu coma asentamento fora da muralla ocupado por algunhas granxas, hospedaxes e tabernas que acollían a cidadáns e visitantes que chegaban á cidade polo camiño Francés, roteiro principal de peregrinaxe histórica e actualmente. 


José Castro Facal, naceu en Aarberg (Berna, Suiza) en 1973 e formouse na escola de hostelería de Lamas de Abade en Compostela. No eido laboral compaxinaba o traballo dun negocio familiar, a sidrería Abril Ares, con traballo para a administración deixando a súa pegada na gardería de Vite, na residencia de maiores Porta do Camiño e na residencia de maiores Volta do Castro en Santiago e tamén no colexio CPI Xanceda en Mesía, onde despois de 4 anos e con moi bos recordos, renunciou ao seu posto de traballo xa que no comedor do López Ferreiro en Santiago quedara libre por xubilación a praza de cociñeiro. A día de hoxe tamén compaxina o traballo no colexio cun negocio familiar, o centro sociocultural privado “A Casa do Taberneiro”.

Foto de Lourdes López


Contacto:
Rúa de San Pedro, 15, 15703 
Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono: 654 60 01 12
 Instagram@acasadotaberneiro