A Frieiresa toma o seu nome da comarca das Frieiras, dentro dos concellos da Gudiña e A Mezquita, no sueste da provincia de Ourense. A súa área xeográfica de orixe, que por diferentes motivos tivo poucas posibilidades de expansión ao longo do tempo, alcanza os concellos de Riós, A Gudiña, e Vilardevós e chega ata o Macizo Central. Así mesmo, constátase a presenza de animais da raza en aldeas lindeiras á devandita provincia galega, situadas na provincia de Zamora.
Esta zona tiña unha alta densidade de razas bovinas: ao sur está a raza Mirandesa, ao norte, a Vianesa, ao leste a Alistano- Sanabresa e, ao oeste, a Limiá e antigamente a Verinesa.
Debido á súa gran facilidade de manexo, outrora foi moi utilizada para o traballo agrícola pero, co paso do tempo, ademais da mecanización, as reprodutoras sufriron indiscriminadamente numerosos cruces con outras razas e hoxe en día é unha das bovinas galegas que menos censo ten, polo que a súa recuperación é máis dificultosa e lenta.
Hoxe en día a súa distribución atópase maioritariamente na provincia de Ourense, con algunhas explotacións nas outras provincias galegas.
A súa rusticidade e a gran adaptación ao medio, con alto grao de transformación de alimentos groseiros, fana óptima para terreos abruptos e con poucos recursos herbáceos.
O sistema de explotación é de tipo mixto, aproveitándose pastos comunais de montes veciñais en man común durante os meses de xuño a novembro; ou ben pastoreo durante parte do día e estabulación na noite.
Frieirega (Asociación de criadores da raza bovina Frieiresa)
Ficha "Arca del Gusto" Fundación Slow Food
Produtores asociados a Slow Food:
Verín Biocoop (Verín)
Fonte información e imaxes: Boaga
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com