O Restaurante Filigrana Relais&Châteaux é un restaurante que destaca no panorama gastronómico de Santiago de Compostela e un lugar único no que degustar a mellor gastronomía de Galicia.
|
Federico López, o cociñeiro, con Luísa Lorenzo, propietaria de A Quinta da Auga
|
Elevar a tradición e a súa gran materia prima é o eixo fundamental da súa filosofía. Estas bases da súa forma de entender a gastronomía, van acorde con Slow Food e tamén cos principios do Hotel A Quinta da Auga de desenvolvemento sostible e respecto ao medio ambiente. A contorna natural de Galicia e as súas costas Atlánticas están recoñecidas na gastronomía mundial pola calidade dos seus mariscos e das súas carnes, en concreto da tenreira galega.
O seu chef, Federico López Arcay, ofrece unha ampla diversidade de pratos grazas á gran xenerosidade da nosa rexión, que abre todo un universo de sabores aos amantes da boa mesa. Carnes, peixes, mariscos das nosas rías, horta, queixos, cogomelos…
Federico comezou estudando en Lamas de Abade. Fixo prácticas no Hotel Oca Puerta del Camino e alí déronlle o seu primeiro traballo en cociña. Logo foi para Casa Marcelo, e de alí foi a traballar a Suíza (o seu país de nacemento) donde estivo nun restaurante de chef francés (Le Béarn, de Jean Paul Goddar con 2 Estrelas Michelín) e tamén no Intercontinental Geneve. De volta a Galicia, o seu primeiro xefe de cociña no Puerta del Camino, Rafael Pérez (actualmente en La Carpintería Restaurante, en Vigo-Bouzas) chamoulle para traballar no Pazo dos Escudos en Vigo, donde empezou de cociñeiro. Logo ascendérono a segundo e por último a xefe de cociña. Dos Escudos foi para A Quinta Da Auga, onde está desde o ano de apertura, o 2009.
"Gustáme o produto humilde pero de calidade. Na casa de meus pais hai "vida" como dicían antes. Criaron durante anos vacas de carne, rubias, porco celta (cruzado con pietrain), galiñas e ovos caseiros, mel, horta...co cal aprecio moito o valor do produto procedente de pequenos produtores. Tamén me gusta moitísimo todo o que ven do mar e en outono gozo buscando setas" di Federico.
A Quinta da Auga é un proxecto familiar e persoal. Arquitecta de profesión, María Luisa García Gil namorouse dun edificio abandonado polo potencial que viu nel. Ela foi a encargada de levar a cabo o proxecto que é hoxe o hotel e representa a alma do establecemento. Xunto a ela, día a día e desde os inicios, a súa filla Luisa Lorenzo acompáñaa nesta aventura. Unha historia de dúas mulleres valentes que comezaron fai agora oito anos cando decidiron deixalo todo e apostar por crear “
un hotel deses máxicos: cálido, elegante e no que os viaxeiros non fosen clientes, senón hóspedes”.
|
Luísa Lorenzo, propietaria de A Quinta da Auga, coa distinción Km 0 de Slow Food |
Contacto:
Paseo da Amaia, 23B, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña
☏ + 34 981 53 46 36 | ✉ reservas@aquintadaauga.com
Web: www.aquintadaauga.com/es/restaurante-filigrana
Horario: tódolos días de 14.00 - 16.00 | 20.30 – 23.00
@restaurantefiligrana
👉 Reservas 👈
👉 Carta 👈
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com