Descobre a orixe do Ribeiro no restaurante da adega Viña Costeira, Pazo de Toubes, unha xoia do patrimonio rural de 1742. Unha das únicas adegas pazo de Galicia que foi rehabilitada conservando toda a súa historia. Pedra, aceiro e madeira fúndense coas viñas da contorna do restaurante, mergullándonos na natureza mentres bancales de granito cheos de vides álzanse aos lados do Pazo de Toubes.
No seu idílico escenario rodeado de natureza, ofrecen unha experiencia culinaria única na que fusiona a paixón pola gastronomía coa riqueza dos produtos ecolóxicos de calidade da nosa terra.
A súa cociña é un tributo á riqueza gastronómica de Galicia, onde a tradición e a innovación están presentes en cada prato, cunha firme aposta polos produtores locais, sen intermediarios, para garantir una experiencia auténtica e sostible. O emprego de produtos ecolóxicos de Km 0 garantiza a frescura e calidade en cada prato que serven. Dende as verduras que cultivan na súa horta, ata as carnes e os peixes que proceden das granxas e as lonxas máis cercanas, cada ingrediente está seleccionado coidadosamente na procura da mellor calidade.
O derradeiro pilar que sustenta ditas experiencias gastronómicas atopámolo nas persoas que forman parte deste proxecto chamado Pazo de Toubes:
O equipo de cociña, liderado polo chef José Carlos Gómez, mostra dedicación, creatividade e moita paixón, conseguindo transformar a materia prima en auténticas obras maestras gastronómicas, respetando sempre o sabor e a calidade en cada elaboración. O seu compromiso vese reflexado en cada detalle, dende nas súas presentacións impecables ata no equilibrio de sabores de cada prato.
Por outro lado, está o equipo de salón, no que nos atopamos uns profesionais liderados pola responsable do Pazo de Toubes, Karem Suárez. Eles fan que a experiencia de cada comensal sexa inolvidable. Un equipo formado por camareiros e un sommelier que nos acompañan e nos guían pola súa oferta gastronómica ofrecendo as mellores recomendacións e maridaxes cos viños da adega. A súa hospitalidade e atención por cada detalle son a clave para crear o ambiente acolledor e distinguido que fai que se poida disfrutar con todos os sentidos deste restaurante rodeado de viñedos e natureza.
Ademáis da oferta culinaria, tamén ofrecen a posibilidade de completar a experiencia realizando algunha das súas actividades ou eventos de enoturismo que permiten aos visitantes somerxerse no mundo do viño achegándose á cultura vitivinícola de Galicia.
Animámosvos a visitar o Restaurante do Pazo de Toubes, onde cada bocado conta unha historia do seu compromiso pola calidade e o respeto polo medio ambiente.
Contacto:
Outeiro, 2, 32454 Cenlle, Ourense
☏ 988 10 00 51 | ✉ restaurante@toubes.es
Web: costeira.wine/restaurante-pazo-de-toubes
📜 Carta
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com