Dende Slow Food Compostela, levamos a cabo os pasados días 10 e 11 de febreiro de 2025, una iniciativa de colaboración entre o sector da Restauración KM 0 e os Comedores Escolares KM 0 para celebrar o Día Mundial dos Legumes. Os primeiros, propuxeron unha serie de receitas que reproduciron maxistralmente, os cativos e cativas non minten, os responsables de cociña dos centros escolares adheridos á nosa rede que participaron. 

Estes centros escolares foron:

✅ CEIP A Paz-Tintureira (Coruxo-Vigo).

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Arroz Thai con champiñóns Portobello”.

✅ CEIP Vicente Otero Valcárcel (Carral).

Receita de A Brasa de Beche “Fabas melosas con polbo” e receita de A Artesa da Moza Crecha “Wok de tofu marinado e repolo de Betanzos”.

✅ CEIP A Lomba (Vilagarcía).

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Espaguetis con boloñesa de soia”.

✅ CEIP Xacinto Amigo Lera (Portomouro- Val do Dubra).

Receita de A Maceta “Fabas de Lourenzá con caldo de setas”.

✅ CPI Antonio Faílde (Coles). 

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Potaxe de xamón e garavanzos”.

✅ CEIP López Ferreiro (Compostela). 

Receita de Brasa de Beche “Fabas melosas con polbo”.

✅ CEIP Os Muíños (Muxía).

Receita A Artesa da Moza Crecha “Verdinas con cabaza asada e shiitake”.

** Jose Lorenzo (Ourense).

Receita de Brasa de Beche “Fabas melosas con polbo”.

✅ EI Vite (Compostela).

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Garavanzos especiados con calabacín”.

✅ EI Marisma de Santa Mariña (Redondela).

Receita de Brasa de Beche “Fabas melosas con polbo”.

✅ CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia).

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Potaxe de xamón e lentellas”.

✅ CEIP Saco e Arce (Toén)

Receita de A Artesa da Moza Crecha “Potaxe de xamón e garavanzos”.

✅ CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía).

Receita de Erva-Oca Vila de Allariz de “Lentellas guisadas con cabaza e tofu”.


Algúns incluso fixeron a sobremesa con base de legumes (como é o caso da Tintureira), e outros, puxéronas tanto no primeiro prato como no segundo. Que ninguén diga que nestes centros escolares non se come saudable e de calidade!! 👏👏👏