Cando escoitas falar dun restaurante onde se come ben, escoitas o nome de O Campanario, localizado no corazón da Ribeira Sacra, en 📍Luíntra, desde o ano 2019.

E é que queren plasmar nas súas elaboracións esa magnífica combinación entre o clásico e o moderno. Xogar coa gastronomía é unha das súas especialidades, por iso, cando vaias visitalos, quedarás máis que encantado co resultado. Tanto, que quererás repetir!! Sabor, textura e presentación mestúranse para conseguir unha bomba deliciosa no teu padal.

Dedícanse a traballar con ingredientes locais de primeira calidade, como o porco celta, a tenreira galega e as hortalizas de cultivo ecolóxico. A súa cociña está pensada para satisfacer todos os gustos, destacando a grella de carnes selectas con toque afumado. Tamén tes a posibilidade de levar cabo calquera tipo de celebración. Asegúranche o evento ideal!!

O seu chef, Samuel Moreno, orixinario de Extremadura, atopou a súa casa na Ribeira Sacra por amor e namorouse da fermosa natureza e as paisaxes que rodean esta terra, levando consigo a súa paixón pola cociña. 

No seu restaurante buscan un ambiente cálido e profesional, facendo que un se sinta como na súa casa e con gañas de volver unha e outra vez.

A decoración do restaurante é unha encantadora mestura de pedra granítica galega e madeira, con teitos altos e mobles modernos que crean un ambiente relaxado e tranquilo para a comodidade dos comensais. Tamén contan cun patio exterior luminoso onde se escoita o son da auga dunha fonte mentres un goza, ao aire libre, dos mellores pratos da carta.

Contacto:

Plaza Mayor, 9 32160 Luíntra Ourense

☏ 633 14 23 16| ✉ mkcampanario@gmail.com

Web: restauranteocampanario.es

📜 Carta

 @restaurante_o_campanario