Tradición, traballo e cultura, paixón por unha orixe: Galicia. Millo fala de terra e de mar, fala de detalle e de coidado por unha cociña sen présas na que sentar nunha das súas mesas sexa unha experiencia única.
"A cociña de Millo é, en realidade, unha cociña tradicional. O que pasa é que facen mesturas un pouco máis tolas. Temos unha carta pequeniña, como o sitio. Tentamos traballar todo e con produtos de proximidade e de pequenos produtores. Pasa o mesmo cos viños, gústanos escoller pequenas adegas. Millo é un lugar tranquilo e agradable penso. Por exemplo, non collemos grandes reservas", di o seu propietario, Moncho Médez.
Desde Millo apostan por pratos baleiros, apostan por clientes reais, que gozan comendo, e só un prato terminado, debuxa a sensación de saborear desde o primeiro ao último bocado. En Millo saben moi ben o que significa un prato baleiro e iso é o que queren que se mostre da súa cociña.
|
#pratosbaleiros |
Moncho Méndez, o propietario do restaurante e xefe de cociña, gañou o galardón Cociñeiro Galego 2022, que se deu a coñecer o 25 de setembro no Fórum Gastronómico de A Coruña e no que compiteu con outros grandes da nosa terra.
Empezou fregando pratos. Foi subindo aos poucos, traballou en varias cidades do mundo, en moitos restaurantes, e acabou volvendo fai aproximadamente catro anos para traballar en Culuca ata que decidiu abrir o seu propio establecemento en decembro do 2019.
Moncho fai un traballo de selección ata dar cos mellores produtores das Terras do Mandeo, buscando a calidade a sustentabilidade dos seus recursos. Tamén soubo adaptarse a unha cociña de tempada na que os pratos evolucionan segundo as especies que nos ofrece tanto a terra como o mar.
Contacto:
Calle Cordelería, 7 Baixo, 15003 - A Coruña
☏ +34 881 883 430 | ✉ reservas@milloorzan.com
Horario:
Luns a Domingo de 13.00 a 15.30 horas e de 20.30 a 23.30 horas
* Pechado mércores todo o día e martes e domingo noite
Web: milloorzan.com
@millo_orzan
👉 Reservas
👉 Carta
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com