O proxecto culinario de Areoso Beach Club en punta Quilma, na Illa de Arousa, comezou no pasado ano 2021, na parte máis atlántica da illa, cunha cociña baseada en elaboracións sinxelas e respectando en todo momento o produto.
O responsable da súa cociña é Rubén García Castrelo. Nado en Vitoria-Gasteiz, é de pai estremeño e de nai de Vilagarcía donde reside dende fai máis de 30 anos. Dende pequeño sentiu curiosidade pola cociña grazas ao seu pai e a súa avoa materna. Despois de rematar os seus estudos de hostalería en Compostela, traballou no ámbito privado e rexentou un negocio propio.
Rubén ten dous socios, Waldo e David, que se encargan da parte dos kayaks, bicicletas e embarcacións. Eles foron os que lle propuxeron meterse nesta aventura e darlle total liberdade para aplicar a filosofía e traballo que xa estaba levando a cabo no CEIP A Lomba de Vilagarcía, do cal é responsable de cociña e que foi distinguido recentemente como Km 0.
Os ingredientes principais da súa carta, son a horta procedente de pequenos produtores, e sobre todo, o mar. Tanto peixes coma mariscos sin olvidarnos das "verduras mariñas". Sempre respectando as tempadas e as vedas: xoubas en maio e en xuño, tomate e pemento no verán... forman parte dunha proposta que cunhas cocións directas con wok, e sempre á vista do cliente, consegue o goze dos que ata alí se desprazan e como non, de todo o equipo que forma o Areoso Beach Club.
Punta Quilma, Illa de Arousa
Telf: 686 47 96 69 / 630 15 11 47
Instagram: @areoso_beach_club
Aberto en Semana Santa e do 1 de maio ata San Xoán - sábado e domingo
De San Xoán ata finais de agosto - tódolos días
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com