Unha crecente inquietude pola saúde e a sustentabilidade, disparou a preocupación pola nosa alimentación. Buscamos produtos que proveñan da agricultura ecolóxica, variedades locais, sistemas de produción en extensivo  e sostibles co medio ambiente, e moito máis se estamos a pensar na alimentación dos máis cativos. 

É por iso que cada vez máis pais e responsables da alimentación infantil están a cambiar de hábitos deixando de favorecer a compra máis barata en prol da máis natural. Pero ademais, non podemos esquencer como nunha sociedade tan rural como foi tradicionalmente a nosa, estamos a ver como as novas xeracións viven desligadas da cultura agraria. Este feito acaba por xerar unha relación distorsionada cos alimentos que non forman parte da súa realidade. 

Unha vez que cumpran uns requisitos, outorgamos a distinción de Comedor Km 0 para darlle visibilidade e que sirva de exemplo para moitos máis que queiran unirse a este proxecto.


Un Comedor Escolar Km 0 certificado por Slow Food promove:

  • Redución das emisións de CO2 á atmosfera producidas polo transporte de alimentos.
  • Divulga as calidades e o valor dos alimentos incluidos nas categorías Arca do Gusto, Baluarte e Tutelado.
  • Favorece o consumo de produtos locais, comarcais e estacionais.
  • Apoia aos agricultores familiares da súa contorna.
  • Un prato Km 0 inclúe un 40% dos seus ingredientes de orixe local, polo que o responsable de compras do comedor, compra directamente ao produtor a menos de 100 quilómetros de distancia.
  • O 60% restante dos ingredientes que compoñen un prato Km 0 deben pertencer a Arca do Gusto, Baluarte, Tutelado ou ter certificación ecolóxica, DOP ou IXP.
  • Favorecerase a produción extensiva fronte a intensiva e o emprego de variedades tradicionais.
  • Os Comedores Escolares Km 0 son un seguro de calidade alimentaria para os nenos e nenas.


QUERES SER UN COMEDOR ESCOLAR KM 0?

Como ser parte do programa Km 0?
  1. Ler atentamente toda a información onde se explican os requisitos necesarios para formar parte do Km 0.
  2. O distintivo outórgase ao cociñeiro ou cociñeira do comedor.
  3. Contactar con Slow Food Compostela ou coa Comunidade de "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia", e darse de alta como socio/a ao cociñeiro/a.
  4. Participar nas actividades do convivium ou da comunidade.
  5. O convivium/comunidade facilitará unha ficha de datos que o comedor escolar deberá encher e devolver debidamente cumprimentada.

* Os convivium de Slow Food son os grupos da nosa asociación que traballan de forma local ou comarcal.


CRITERIOS PARA QUE UN PRATO SEXA CONSIDERADO KM 0

  • Un 40% dos ingredientes deben ser de procedencia local, incluíndo o ingrediente principal. Isto implica que o centro escolar compre directamente ao produtor e este producíraos a menos de 100 quilómetros.
  • O 60% dos ingredientes restantes deberán pertencer á Arca do Gusto, Baluarte, Tutelado Slow Food  ou ter certificación ecolóxica, DOP ou IXP.
  • Primarase as variedades tradicionais da zona e a produción en extensivo.
  • Conscientes das limitacións dos produtores artesanais e a pequena escala para atender pedidos, cantidades e compromisos loxísticos, apelamos á sensibilización de todos para organizar da mellor maneira posible o traballo de cada das partes: produtores e comedores escolares.
  
NORMAS PARA UN COMEDOR ESCOLAR KM 0

  • Durante todo o curso, o comedor escolar deberá comprar, como mínimo, tres produtos da Arca do Gusto de Slow Food, de forma constante e acreditará o seu uso cotián mediante a presentación de facturas.
  • Deberá comprar, como mínimo, a cinco produtores de tipoloxía diferente, que estean establecidos a menos de 100 km do centro escolar. Como mínimo, un destes deberá producir verduras.
  • O comedor escolar entregará a Slow Food Compostela / Comunidade de Slow Food, a ficha de datos no prazo requirido.
  • O comedor escolar que presente a súa candidatura por primeira vez, deberá acreditar o cumprimento dos requisitos deste documento, como mínimo tres meses antes da entrega da ficha de datos.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS)

Os Comedores Escolares Km 0 contribúen coas súas boas praxes a acadar os seguintes OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE (ODS):

Axudan a acabar coa fame (ODS 2) xa que…

2.3 Apoian aos agricultores familiares
2.5 Apoian a diversidade xenética agrícola.

Garanten unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promoven oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos (ODS 4):

4.7 Pola súa contribución á educación dentro do desenvolvemento sostible e os estilos de vida saudables. 

Loitan por un traballo decente e un crecemento económico (ODS 8):

8.4 Promoven o consumo eficiente de recursos e desvinculan o crecemento económico da degradación do medio ambiente.

Axudan a construír comunidades sostibles (ODS 11), xa que... apoian os vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre zonas urbanas, periurbanas e rurais.

Favorecen a produción e consumo responsables (ODS 12):

12.2 Pola xestión sostible do uso eficiente dos recursos naturais.
12.3 Por axudar a reducir o desperdicio alimentario dende a colleita ata o consumo final
12.4 Por axudar a mitigar o emprego de produtos de síntese química e a súa posterior liberación no medio ambiente.



👉 Contacto Slow Food Compostela: slowcompostela@gmail.com
👉 Contacto "Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia": km0galiciaslowfood@gmail.com