Trátase dun centro de formación e experimentación agraria en ecolóxico dependente da Consellería de Medio Rural onde se cursan estudos de aproveitamento e conservación do medio natural.
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo conta cunha superficie total de 13,41 ha. A horta ecolóxica e a explotación de vacún de carne (raza Rubia Galega-CRAEGA) son as producións mais salientables.
Conta cun Aula de produtos lácteos, leitería e sala de muxido.
Ao frente dos seus fogóns atópase Mª Ángeles Río Rego, na imaxe, que xa forma parte da Comunidade Slow Food “Cociñeiras e Cociñeiros Sostibles de Galicia” grazas á distinción Km 0 do centro.
Contacto: Lugar A Granxa, 1 - Vilaframil - 27797 - Ribadeo (Lugo) ☏ +34 982 828 552 | ✉ cfearibadeo@xunta.gal Instagram: @cfea_pedro_murias |
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com