Rubén García Castrelo, nado en Vitoria-Gasteiz, é de pai estremeño e de nai de Vilagarcía donde reside dende fai máis de 30 anos. Dende pequeño sentiu curiosidade pola cociña grazas ao seu pai e a súa avoa materna. Despois de rematar os seus estudos de hostalería en Compostela, traballou no ámbito privado e rexentou un negocio propio. No 2008, despois dunha oposición, ten como destino un colexio pequeno e moi familiar ubicado en Soutelo de Montes (Forcarei), donde dende o principio, abreu a cociña aos alumnos e ás familias  para dar a coñecer os produtos e elaboracións que alí se facían. Dende fai dous anos desempeña as súas funcións no CEIP A Lomba, de 📍 Vilagacía de Arousa. praza que ocupa por comisión de servizos. 

 Instagram: @ruben77gc

Desde os seus comezos, tivo todo o apoio tanto das duas compañeiras do equipo de cociña, como do anterior director e xefe de comedor, postos que dende este curso 2021-2022 ocupan María Jesús (dirección), Julia (xefa de comedor) e Lourdes (secretaria), dende onde dan todo o soporte á cociña, sobre todo na elaboración de menús con produtos de pequenos produtores e de proximidade, e tendo en conta que estamos falando de centros cuns presupostos limitados, ao redor de 2 euros comensal/día. Tratan de favorecer as #canlescurtasdecomercialización evitando, na medida do posible, a compra a través de intermediarios.

Rubén con Berta, á súa esquerda, e Pilar, á súa dereita, as súas axudantes de cociña

Rubén con Chus, a directora do centro

Desde a cociña teñen proxectos na cabeza como facer pequenos talleres cos diferentes cursos, así como charlas impartidas polos fornecedores de grande parte dos alimentos que forman parte do menú do centro.


No CEIP A Lomba os usuari@s de comedor comen verduras tódolos días, e de feito no colexio a Rubén coñécese como o "cociñeiro das verduras" 😅.