No corazón de Rianxo, na pequena aldea de Ourolo, en Taragoña, que respira a Ría de Arousa, atópase o Curral do Marqués, un restaurante que sorprende a través dos sentidos e que se converteu en todo un referente na zona. Merece a pena facer quilómetros desde calquera punto de Galicia para gozar da súa gastronomía e da súa privilexiada terraza cuberta por unha inmensa enredadeira que ofrece benestar.
Alberto Carou atópase detrás desta singular experiencia gastronómica que difire do habitual, que sorprende en elaboracións ás que non lle falta o mínimo detalle no empratado e, o máis importante, da que un se vai para regresar.
Podería definirse como unha proposta alternativa na que se fusiona o produto de proximidade coa innovación nas elaboracións deixando paso a un resultado final de matrícula de honra. Escapar do tradicional co tradicional, e ademais con risco, así é como se podería explicar o que esconde a cociña do Curral do Marqués.
Carta de tempada...
Na súa carta, a temporalidade marca a folla de roteiro en cociña porque, neste restaurante rianxeiro, cómese o que toca en cada momento. No outono é difícil resistirse aos seus pratos de cogomelos. No verán triunfan as ameixas á mariñeira, a empanada de berberechos con cuncha, o tataki de bonito de Burela ou o tartar de bonito con salmorejo picante. E o que nunca pode faltar na comanda é a costela de porco en tempura, que preparan de forma prodixiosa ou os cortes de raza galega, entre outros pratos.
Contacto:
☏ 981 86 33 57| ✉ info.curraldomarques@gmail.com
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com