«Un produto de proximidade, con sabor Atlántico, que consegue pratos ricos, mirando ao mar a calquera hora. Para todos. Con boas dixestións. Pasándoo ben». 

O seu obxectivo é tratar aos seus colaboradores (equipo traballador), provedores, clientes… e ao mundo en que vivimos con respecto e bo facer en todo o que sexan partícipes desde este chiringuito. Na primeira imaxe, toda a súa plantilla ao completo: Jose, Alba, Diego, Antón, Óscar, Luís, Carlos, Jeray, Antón C., Jorge e Álvaro. Na segundo imaxe (tamén aparecen na primeira), o seu equipo de cociña: Chus, Vanesa, Cristian, Marina, Sandra e María de los Ángeles.


«Nun mar de alimentos naturais, estamos comprometidos con brindar comida realsen atallos». Porque comer produtos eco, de proximidade, frescos, ricos e de calidade nun chiringuito debería ser de obrigado cumprimento… e non máis ben de obrigada gymkana.

Moitos dos seus produtos son ecolóxicos. Pode ser o alga ramallo de mar. Tamén as verduras de MJ (María José), a súa agricultora de cabeceira que colleita con mimo e delicadeza as súas verduras e hortalizas, evitando ser brusca e seguindo as pautas de cultivo sostible —aínda que non dispoña da certificación; conseguindo ademais que o tempo que pasa o produto entre a horta e o prato sexa o mínimo posible, porque o horto está a escasos minutos do chiringuito. Por suposto, os seus peixes e mariscos proveñen dos pescadores do cerco e mariscadores da zona. 

Consumen produtos que pasan por menos cámaras frigoríficas, que percorren menos quilómetros e por tanto contaminan menos, que teñen máis minerais e vitaminas, que son máis saudables e que fan que os seus pratos saiban mellor e máis natural.

A súa cociña está baseada en elaboracións simples, con produtos frescos de calidade e feitos ao momento —salvo elaboracións máis complexas como a carne asada de tenreira galega da avoa Fé ou a ensalada rusa de Kyiv, que o fan cada mañá antes do servizo.

As sobremesas teñen ese twist healthy. Non empregan nunca fariñas nin azucres refinados. Sobremesas como as filloas ou torrijas defínenos nesta cociña tradicional.

Así é o que se coce no chiringuito. Teñen un emblema por bandeira —literalmente, porque así ondea para que calquera que chegue á praia poida vela. Por suposto, é a Paella Cabanesa™ de arroz caldoso con frescos berberechos da ría. É a estrela da súa carta —e de ningunha máis, xa que é un produto oficialmente rexistrado na O.E.P.M. (M4181355).

PD: «Un negocio que non produce nada salvo diñeiro, é un mal negocio» —Henry Ford.


Contacto:

Praia da Magdalena, S/N, 15622 Cabanas, A Coruña

☏ +34 693 20 45 33 | ✉ barlospinares@gmail.com

Horario: 

Aberto Semana Santa, fins de semana e festivos ata o 20 de xuño.

Dende o 20 de xuño ata a primeira semana de setembro dende as 12,00 ata as 00,30 h.

Cociña aberta dende as 13,00 ata as 23,00 h todos os días da semana.

Web: lospinares.eu

 @chiringuitolospinares