O repolo de Betanzos é unha variedade de repolo autóctona de Galicia, tradicionalmente cultivada na bisbarra de Betanzos (A Coruña), en terras das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Son únicos en canto ao seu sabor e difícil de atopar fóra da Comarca.
Descrición:
Verde Cartuxa e cogollo firme e terso, o repolo de Betanzos caracterízase pola súa tenrura e dozura. Da variedade de repolo corazón de boi, destaca a ausencia de graxas e a súa cantidade de fibra. Tamén contén unha gran cantidade de auga e presenta algúns antioxidantes na súa composición.
Non hai que esquecer que ata ten unha canción:
“Arroz con chícharos,
patacas novas;
repolo de Betanzos
e mais cebolas,
e mais cebolas
e mais cebolas;
arroz con chícharos,
patacas novas…”
Nos meses máis cálidos do verán non hai repolo de Betanzos pero normalmente está dispoñible durante o resto do ano, plantándoo varias veces ao longo do mesmo... dependendo das condicións de cada leira algúns dos labradores galegos poden quedar sen el algunha semana, pero nunca todos ao mesmo tempo.
Ficha "Arca del Gusto" Fundación Slow Food
Produtores asociados a Slow Food:
Entrelampo (Marrozos), Seitura (Paderne), Os Biosbardos (Cambre), Asociación Raíña Paraíso (Vilasantar), Labrecos (Cesuras).
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com