Patricia Galego García leva a cociña na alma. De familia hostaleira, foi no bodegón familiar onde naceu a súa paixón polos fogóns. Da man da súa nai aprendeu a escoller, mimar, coidar e cociñar cada ingrediente, sempre co compromiso de respectar a súa orixe, priorizando produtos de proximidade, de pequenos produtores, de quilómetro cero e de tempada.

Co paso do tempo, Patricia decidiu unir esa paixón pola cociña coa súa formación como nutricionista. Así naceu Qïchen Biocociña, un espazo multidisciplinar no que conviven unha escola de cociña, unha consulta de dietética e nutrición, e un laboratorio gastronómico onde experimentar con novos produtos, sabores e texturas.

Qïchen Biocociña acolle acotío unha ampla variedade de actividades: extraescolares de cociña para cativos e maiores, caterings saudables, asesoramento nutricional para familias, repostería inclusiva… Un proxecto vivo, creativo e comprometido cunha alimentación consciente e sostible.

 Contacto:

Rúa Ramón Aller 30, 36500 Lalín (Pontevedra)

☏  637 595 084| ✉ patriciagalego22@hotmail.com

 @qichen_biococina_nutricion