A cebola de Betanzos é unha variedade de cebola autóctona de Galicia, tradicionalmente cultivada na Bisbarra de Betanzos (A Coruña).
A cebola presenta un sistema radicular formado por numerosas raicillas fasciculadas, de cor esbrancuxada, pouco profundas, que saen a partir dun talo a modo de disco, ou disco caulinar. Este disco caulinar presenta numerosos nós e entrenudos (moi curtos), e a partir deste saen as follas. As follas teñen dous partes claramente diferenciadas: unha basal, formada polas vainas foliares engrosadas como consecuencia da acumulación de substancias de reserva, e outra terminal, formada polo "filodio", que é a parte verde e fotosintéticamente activa da planta.
É unha variedade estacional cuxos froitos podemos degustar todo o ano xa que se poden conservar en lugares escuros a unha temperatura constante entre 4ºC e 10ºC aprox. O espazo debe estar ben ventilado e seco.
A cebola de Betanzos é unha das máis populares e o seu cultivo atópase actualmente extendido por toda Galicia.
Fonte: CIAM Mabegondo |
No ámbito gastronómico son determinantes porque son menos ácidas, non soltan tanta auga como as normais e aportan moito sabor. En Galicia, é un dos ingredientes básicos para as empanadas.
Empanada vexetal con cebola de Betanzos. Fonte: www.lacasadelaaldea.com |
Links:
Ficha "Arca del Gusto" Fundación Slow Food
Produtores asociados a Slow Food:
Entrelampo (Marrozos)
Seitura (Paderne)
Labrecos (Oza-Cesuras)
EnFlor Agro (Paderne)
Raíña Paraíso (Vilasantar)
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com