Só renovando profundamente a organización de Slow Food, só facéndoa máis aberta e inclusiva e só experimentando novas formas de inclusión, de implicación e de participación, poderemos enfrontarnos da mellor maneira posible aos desafíos que nos esperan no futuro e ofrecer resistencia a aqueles– pouquísimos– que concentran nas súas mans o poder e a riqueza e que deciden o destino da comida en todo o mundo e tamén o de toda a humanidade. Eles son xigantes, pero nós somos multitude!
No Congreso Internacional de Chengdu (China, setembro 2017) supuxo unha evolución para Slow Food cara a un movemento global composto por centos de miles de persoas de máis de 160 países.
Os desafíos relacionados co sistema alimentario, son cada vez máis urxentes e complexos. É necesario identificar novas formas de asociación, máis sinxelas, que permitan recoller todas esas realidades que interpretan a filosofía « bo, limpo e xusto».
As comunidades de Slow Food son unha forma de organización aberta, inclusiva, e xeneralizada sobre o territorio pero que tamén comparte os obxectivos internacionais comúns, como a loita contra o desperdicio alimentario, a superación das desigualdades, a protección da biodiversidade, a loita contra o cambio climático, por citar algunhas.
Que é unha comunidade de Slow Food?
O termo «comunidade» non é novo na historia de Slow Food nin na historia da civilización en xeral. No léxico de Slow Food entrou, forma oficial no 2004, coa primeira edición do Terra Nai e hoxe convértese nun modelo organizativo.
A comunidade nace tras unha Declaración Fundacional. No documento os membros declaran:
- a adhesión ideolóxica a Slow Food e aos principios da declaración de Chengdu;
- o compromiso, o obxectivo que a comunidade define para promover a visión común no seu propio territorio, no seu propio contexto;
- as actividades, as iniciativas e os proxectos que levará a cabo para conseguilo;
- a contribución que a comunidade decide achegar para apoiar os proxectos estratéxicos da rede internacional (Baluartes de Slow Food e Arca do Gusto, Hortos e Campañas);
0 Comentarios
slowcompostela@gmail.com